Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: BBVA recoñece a OpSeeker como a mellor startup da nosa terra no ámbito fintech
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

BBVA recoñece a OpSeeker como a mellor startup da nosa terra no ámbito fintech

Fernando Sarasketa
Publicado: 11/05/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

bbva_talent_opseeker.jpgA novena edición do BBVA Open Talent, o certame da entidade financeira que se dirixe a atopar as máis puxantes iniciativas empresariais do ámbito fintech (ou sexa, do ámbito de aqueles servizos financeiros que se serven das novas tecnoloxías para facilitar o día a día do cliente), vén de premiar a OpSeeker como a mellor startup do sector en Galicia, nunha competición celebrada onte en Vigo. A gañadora, unha proposta empresarial que se adica á planificación financeira en liña, obtivo un recoñecemento de 1.000 euros e a posibilidade de participar na final do certame, que se celebrará no Centro de Innovación de BBVA no mes de xuño. Este concurso global estase a complementar con seis edicións por comunidades, entre as que se insire a competición galega que se resolveu en Vigo.
O xurado estaba integrado por Rosa Eguizábal, directora de Promoción Económica no Consorcio da Zona Franca de Vigo; Lalo García, director de Conector Galicia; Pedro Núñez, director xeral de Vigo Activo; Ana de Prado, responsable de Marketing de Kaleido Ideas & Logistic; e Miguel Escánez, de BBVA Open Innovation.
O director de Zona de BBVA en Galicia Sur, Marcos Fernández, foi o encargado de entregar o premio á startup gañadora e comentou que as iniciativas tan innovadoras como OpSeeker están a xerar “un gran valor engadido na economía galega”.
OpSeeker é unha empresa constituída en Santiago de Compostela en xullo de 2016. Dous dos seus catro fundadores son naturais da capital galega, outro de Madrid e outra da República Checa. Gonzalo Camiña, director executivo da nova firma, asegurou que “estamos a crear unha nova maneira de planificar as finanzas, onde non se tentan vender produtos, senón que os vehículos de investimento son os que de verdade precisan os usuarios”.
Segundo informa o BBVA, os gañadores xa lograran previamente a cuarta praza no concurso de bitácoras na categoría de mellor blogue do sector financeiro e foron seleccionados polo ICEX e Rede.es para participar no 4YFN do Mobile World Congress de Barcelona.
Na final de Madrid elixirase a un gañador estatal, que participará en Finnosummit, que se celebrará en Cidade de México no mes de setembro. As mellores iniciativas de cada país participante (oito de América Latina, unha por parte de España e outra por parte de Turquía) participarán neste evento de dous días, onde realizarán unha presentación-adestramento e terán a axuda dun mentor de BBVA. O gañador desta competición internacional logrará un premio de 30.000 euros, unha semana de encontros en Madrid con áreas e executivos do banco e a posibilidade de participar no BBVA Global Summit.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?