Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPETIG fai un chamamento aos centros escolares para que participen no seu certame Aprendo Programando
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPETIG fai un chamamento aos centros escolares para que participen no seu certame Aprendo Programando

Redacción
Publicado: 11/05/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Marcos Mata, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia
Marcos Mata, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia
Aprendo Programando, a iniciativa de lecer e formación TIC para escolares do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG), vai manter aberto ata este domingo 14 de maio o prazo para que os centros educativos formalicen nel a súa inscrición. Como lembraremos, poden participar en Aprendo Programando centros escolares de Primaria e de ESO. O seu obxectivo, en palabras do CPETIG, é “achegar a programación e integrar dentro do sistema educativo a crecente utilización das novas tecnoloxías por parte da nenez e da adolescencia”. Cada centro participante na iniciativa, que vai pola súa segunda edición, ten que entregar un proxecto programado polo alumnado mediante a ferramenta de programación Scratch.
A iniciativa desenvólvese este ano baixo un significativo epígrafe, por amosar unha clara intención de tirar abaixo, coas TIC, todo tipo de fendas e brechas de exclusión e discriminación: Convivir en igualdade.
Segundo engade a entidade profesional que preside Marcos Mata, o concurso representa “unha oportunidade para o alumnado de Primaria e de ESO, que a través do concurso vai desenvolver habilidades mentais, ligadas ao pensamento computacional, mediante a aprendizaxe da programación sen necesidade de coñecer unha linguaxe concreta”. Baixo o punto de vista do CPETIG, o ensino de novas tecnoloxías en idades temperás ten “un efecto inmediato e directo na consecución da competencia dixital”, facilitando aos escolares ferramentas que lles son útiles para enfrontarse aos seus retos persoais, académicos e posteriormente profesionais.
O concurso está aberto a tódolos centros escolares de Galicia. Nel poden participar alumnos e educadores, facendo cousas como formarse en programación a través do Scratch ou buscando a superación tanto a nivel persoal coma colectivo. Segundo lembra o CPETIG, cada centro participante terá que entregar, nos prazos establecidos, un proxecto programado polo alumnado mediante a ferramenta Scratch entrando deste xeito a formar parte do concurso. Os centros interesados en participar poder consultar as bases e realizar a inscrición na páxina web do concurso aprendoprogramando.cpetig.org.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?