Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Día das Redes Galegas debullou as oportunidades que as TIC abren para a lingua
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Día das Redes Galegas debullou as oportunidades que as TIC abren para a lingua

Redacción
Publicado: 11/05/2017
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

Rolán, Pérez, Rey, Martí, Vilas, Baamonde e Gómez
Rolán, Pérez, Rey, Martí, Vilas, Baamonde e Gómez
Finalmente celebrouse hoxe no Campus de Pontevedra o Día das Redes Galegas. Foi na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e contouse para o seu desenvolvemento coa colaboración coa Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo e a Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Política Lingüística). A xornada entre outras cousas serviu para salientar oportunidades e desmontar falsos mitos, por exemplo o de que as redes de por si tenden a ser uniformadoras e non respectar a diversidade, neste caso lingüística. Máis ben o contrario. Segundo coincidiron as/os participantes no evento, incluído o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o futuro do galego atópase tamén nas redes sociais. A era dixital, dixo, é unha gran oportunidade para a nosa lingua.
O obxectivo da xornada #redesgalegas foi salientar o potencial das comunidades 2.0 para impulsar ao máximo a visualización e vitalidade da nosa lingua. A orixe desta conmemoración está na dita Facultade, cando hai tres anos o profesor Xabier Rolán impulsou o Social Media Day, coincidindo coa conmemoración do Día do Community Manager. Estes obxectivos mantivéronse pero o evento mudou de nome e de data, pasando a ser o Día das Redes Galegas e a celebrarse o 11 de maio, no Mes das Letras, co propósito de “reivindicar precisamente a necesidade de que o idioma gañe espazo nestas plataformas”.
Participaron na xuntanza catro profesionais formadas e formados nas súas aulas. Previamente, no acto inaugural, interveu o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, quen salientou na súa intervención “a importancia da promoción do uso e da visibilidade da lingua galega nas redes sociais, nas que a lingua propia de Galicia se atopa entre as trinta primeiras máis empregadas”.
María Pérez Justo, client account manager en Twitter España; Marcos Gómez, responsable de outbound márketing de Elogia; Arancha Vilas, coordinadora de mercadotecnia e comunicación de Elephone Spain, e Cristina Rey, responsable de Comunicación Dixital en Mekkdes, foron protagonistas da actividade. Tanto os coloquios, como a posterior mesa de debate, moderada polo profesor Daniel Martí deron pé á súa vez a un segundo debate na Rede, a través do cancelo #redesgalegas.
Os participantes na inauguración da xornada no Campus de Pontevedra
Os participantes na inauguración da xornada no Campus de Pontevedra
O director da Área de Normalización Lingüística da UVigo, Paulo Cabral, destacou na apertura das xornadas a “oportunidade que as plataformas dixitais supoñen á hora de “estender o uso da lingua a todos os ámbitos”, así como de “configurar a imaxe que os demais teñan de nós, sexa de maneira individual, sexa como pobo”. O decano da Facultade, Xosé Baamonde, salientou que “temos a responsabilidade de decidir o que queremos facer co galego, se queremos unha lingua ritual ou unha lingua viva”, decisión que, engadiu, “correspóndelle ás novas xeracións”. Valentín García, pola súa banda, engadiu que se ben o galego “e outras linguas minoritarias en Europa chegaron tarde a moitas citas, hai unha á que chegou en igualdade de condicións, Internet, onde está desde o primeiro día” e onde, porén, “ten que competir con grandes sistemas de comunicación”.
Logo da inauguración foi a quenda dos catro relatores. María Pérez Justo achegou o Día das Redes Galegas a unha plataforma que, apuntou, “está cambiando o mundo”. Nese senso, puxo de relevo o potencial de Twitter, que outorga “o poder para comunicarse con calquera persoa do mundo” e que é, en definitiva, “o que cada usuario queira ver nela”. Polo que respecta a Marcos Gómez, centrou o seu relatorio na planificación de medios online, ámbito no “que as redes sociais resultaron decisivas á hora de promover un “cambio nos hábitos de consumo de medios”. Polo que atinxe a Cristina Rey, salientou a importancia das redes sociais na súa empresa, “onde son o motor e escaparate”, facendo logo un percorrido pola súa relación con estas ferramentas a través dun blogue de moda e como de aí xurdiron posteriormente experiencias laborais que a levaron a especializarse neste eido.
Arancha Vilas, pola súa banda, laiouse do feito de que na actualidade calquera poida levar a cabo tarefas de xestión das rede sociais. Ao seu xuízo, non se trata de “estar por estar” nas comunidades dixitais, xa que “se esa presenza non é xestionada dunha maneira axeitada, pode resultar perigosa”, sinalou, facendo un chamamento a prol dos profesionais con “perfís polifacéticos”, cunha visión estratéxica dun sector no que “cada día pode haber unha xestión de crise que hai que non só que solucionar senón tratar de que remate en positivo para a marca ou institución que se xestiona”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?