Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: FEGAUS e AMTEGA lanzan dous itinerarios para introducir aos maiores nas vantaxes comunicativas e saudables das TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

FEGAUS e AMTEGA lanzan dous itinerarios para introducir aos maiores nas vantaxes comunicativas e saudables das TIC

Redacción
Publicado: 15/05/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

muller_mobil_usuaria_maior.jpgO Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 da axencia AMTEGA segue adiante co seu obxectivo de derrubar os atrancos entre as novas tecnoloxías e as contornas sociais en risco de exclusión dixital, por exemplo colectivos do rural, de mulleres, de persoas con diversidades funcionais ou, no caso que nos ocupa, de persoas maiores. Nesta liña insírense precisamente dous novos ciclos formativos sobre o manexo de móbiles e tabletas e sobre as vantaxes das TIC para un envellecemento saudable. Os ciclos, que veñen da man da Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (FEGAUS), teñen o nexo común de facilitar o coñecemento e uso duns dispositivos que, ben empregados, teñen un amplo potencial para incrementar a nosa autonomía, a nosa comunicación con amigos e familiares, o noso acceso ao coñecemento, e mesmo a nosa saúde.
O primeiro itinerario formativo arrincou o pasado 12 de maio e rematará o 23 de xuño. Leva por título Saca o máximo partido ao teu teléfono intelixente ou tableta e goza de todo o que Internet che ofrece e está destinado a persoas cun nivel de uso inicial das novas tecnoloxías. Esta primeira quenda chegará a 12 aulas da rede CeMIT, que ofertan preto de 200 prazas en total, e cuxa inscrición figura aberta na web cemit.xunta.gal. As aulas desta primeiro ciclo son: Arzúa, Beariz, Boborás, Catoira, Celanova, Cuntis, Fisterra, Marín, Oroso, Sada, Santa Comba e Valga. Os seminarios impartiranse presencialmente desde unha aula CeMIT e poderanse seguir por videoconferencia nas restantes aulas.
O segundo dos itinerarios, Usa as novas tecnoloxías para unha madurez máis activa e positiva, celebrarase unha vez remate o período estival, nos meses de setembro e outubro, cando se desenvolverán outras sete xornadas con outras 200 prazas dispoñibles.
Os seminarios do primeiro ciclo realizarase todos os venres comprendidos entre o 12 de maio e o 23 de xuño (7 xornadas), en horario de 11:00 a 12:30 horas, de maneira presencial nunha aula CeMIT e seguíndose nas demais aulas CeMIT por videoconferencia.
O alumnado disporá dun soporte titorial que realizará FEGAUS, a través dos seus titores en liña, “de xeito que tras finalizar cada un dos seminarios poidan acceder a máis información relativa aos contidos da materia tratada”, informa AMTEGA, engadido que ese soporte incorporarase na plataforma de teleformación coa que conta a rede CeMIT, así como á resolución de dúbidas como nun curso en liña tradicional.
FEGAUS, como lembraremos, é un dos 700 aliados dixitais do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). A este plan pódense adherir aquelas empresas e entidades interesadas en participar “no desenvolvemento da sociedade dixital en Galicia no marco da súa responsabilidade social empresarial”, mediante a achega de recursos financeiros, humanos ou, como neste caso, de coñecemento.
O Plan de Inclusión Dixital é a estratexia autonómica para facilitar a calquera persoa, con independencia do nivel dixital no que se atope, avanzar, madurar e acceder a maiores niveis de coñecemento e uso das TIC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?