Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Euskaltel adquire Telecable e afianza a súa arela de crear o gran grupo de cable do norte de España
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Euskaltel adquire Telecable e afianza a súa arela de crear o gran grupo de cable do norte de España

Redacción
Publicado: 16/05/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Alberto García Erauzkin e Francisco Arteche, presidente e conselleiro delegado de Euskaltel
Alberto García Erauzkin e Francisco Arteche, presidente e conselleiro delegado de Euskaltel
O Grupo Euskaltel, do que forma parte a nosa operadora de telecomunicacións R, vén de establecer un acordo con Zegona para a adquisición de Telecable, operador referente en Asturias. A través do pacto entre Euskaltel e Zegona, o primeiro dos grupos fíxose co cen por cen de Telecable, sendo a súa idea, logo da alianza hai un ano e medio con R, dar forma ao que sería o “grupo de telecomunicacións líder do norte de España”. Neste intre e despois deste pacto, Euskaltel ten practicamente cuberta toda a fachada cantábrica e parte da Atlántica.
A devandita operación foi aprobada por unanimidade polo Consello de Administración de Euskaltel e culminará o seu proceso trala ratificación na vindeira xunta de accionistas do grupo, máis a aprobación por parte das autoridades de competencia. En palabras de Euskaltel, “estamos ante un importante fito na historia das compañías e do propio sector, unha operación que significa a creación do operador converxente de fibra óptica líder no norte estatal dentro do mercado das telecomunicacións español”. Asemade, a compañía vasca non dubida en afirmar que a alianza formalizada estes días fornece ao Grupo Euskatel, e tamén a cada unha das marcas que o integran, “de meirandes fortaleza, eficacia e capacidade de medre, nun sector de gran competencia”.
En termos máis concretos de servizos e de clientes, a alianza resultante abranguerá un mercado de 6 millóns de persoas (un 20% máis), prestando 2,4 millóns de servizos diarios a máis de 800.000 clientes, cun cociente de penetración do 67%.
Euskaltel tamén lembra que a suma do tres mercados nos que opera o grupo (Euskadi, Galicia e Asturias) representa o 12,76% da poboación e o 13,34% do PIB do conxunto do Estado. No que atinxe ao eido financeiro, a operación saldaríase cunha suba de ingresos ata os 711 millóns de euros (+24%), cun EBITDA (beneficio bruto de explotación antes de deducir os gastos financeiros) de 346 millóns de euros (+23%).
Segundo engade Euskaltel, a operación, coma no caso de R, non vai implicar a desaparición da marca Telecable nin dos seus traballes. En palabras do grupo, a fronte resultante manterá o carácter local de Euskaltel, de R e de Telecable en Euskadi, Galicia e Asturias respectivamente, “o que se traduce na continuidade das súas marcas e equipos profesionais”.
Máis cifras
O valor de Telecable acordado foi de 686 millóns de euros, incluíndo 245 millóns de euros da súa débeda estimada a 30 de xuño de 2017 (que será refinanciada por Euskaltel), cunha contraprestación de 186,5 millóns de euros en efectivo e 26,8 millóns de accións ordinarias de nova emisión que serán subscritas por Zegona a un prezo de 9,5 euros por acción (254,6 millóns de euros), o que representa o 15% do capital social de Euskaltel tras a ampliación de capital, que terá que ser aprobada pola próxima xunta xeral de accionistas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?