Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galileo Masters rastrexa na nosa terra as propostas máis innovadoras para aplicacións de navegación por satélite
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galileo Masters rastrexa na nosa terra as propostas máis innovadoras para aplicacións de navegación por satélite

Redacción
Publicado: 16/05/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_galileo_masters.jpgA Universidade de Vigo vén de informar da apertura do prazo para presentarmos candidaturas na actual edición do certame European Satellite Navigation Competition (ESNC) ou Galileo Masters, un concurso impulsado por varias entidades europeas (a Axencia Espacial Europea, ESA, o Centro Aeroespacial Alemán e o Ministerio alemán de Transporte e Infraestruturas Dixitais) en colaboración con socios locais (no caso galego, a Universidade de Vigo e a Zona Franca). O obxectivo? Ante todo, procurar as mellores ideas para o desenvolvemento de aplicacións de navegación por satélite. O premio ao gañador galego obterá un ano de incubación nun dos parques empresariais do Consorcio da Zona Franca de Vigo, incluíndo asesoramento de expertos, formación e adestramento.
Ademais do premio rexional, os participantes poden optar a seis galardóns internacionais e repartiranse máis de 1 millón de euros en premios. Amais, o gañador viaxará de balde á cerimonia internacional de entrega de galardóns, que terá lugar en outubro.
Na fase galega do ESNC, a Axencia Espacial Europea conta como socios co Consorcio da Zona Franca de Vigo, a Universidade de Vigo, Campus do Mar e o centro de investigación AtlantTIC. O obxectivo, como dixemos, é buscar os mellores servizos, produtos e innovacións que tiren proveito da navegación por satélite na vida cotiá.
Nas dúas primeiras edicións galegas do concurso os gañadores foron estudantes e investigadores da EE de Telecomunicación. Francisco Javier Díaz-Otero, docente e investigador do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo e coordinador galego do concurso lembra que poden presentarse ideas de negocio con independencia do estado de desenvolvemento no que se atope o proxecto ou servizo, “xa que algún dos premios están orientados a favorecer e facer agromar ideas embrionarias para convertelas en realidades empresariais”.
O 30 de xuño péchase o prazo de presentación de candidaturas. A xuntanza internacional de avaliación celebrarase en setembro e a cerimonia de entrega de premios no mes de outubro.
Segundo informa a UVigo, o ano pasado Galicia confirmouse como a sexta participante local con máis proxectos presentados ao certame, un total de 26, xermolados nas universidades, centros tecnolóxicos e empresas, resultando gañador un proxecto da EE de Telecomunicación da Universidade de Vigo.
Amais do devandito millón de euros en premios, a Universidade salienta que arredor do concurso existe unha rede europea de 250 socios académicos e empresariais e máis de 10.000 comunicacións enviadas a medios de comunicación, empresas e axentes relacionados coa navegación vía satélite en toda Europa. Dito doutra maneira: grazas ao certame, multiplícanse as posibilidades de que os proxectos gañadores sexan vistos por todo o tecido investigador, investidor e empresarial europeo. De feito, a visibilidade e promoción dos proxectos que se impoñan fan o 60% das ideas locais gañadoras acaben incubando con éxito a súa idea e converténdose nunha pequena ou mediana empresa viable e rendible. De feito, o catedrático de Teoría da Sinal e das Comunicacións Manuel García e o investigador do Grupo Sistemas de Radio Daniel Gómez, gañadores da edición de 2016, xa están en contacto con empresas interesadas no desenvolvemento e comercialización da súa idea, un radar pasivo biestático que axuda a aterrar drones en circunstancias desfavorables.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?