Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Pontevedra recolleu un centenar de aparellos informáticos para o seu correcto tratamento
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus de Pontevedra recolleu un centenar de aparellos informáticos para o seu correcto tratamento

Redacción
Publicado: 16/05/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

uvigo_campus_de_pontevedra_cuarta_raee.jpgFinalmente celebrouse entre o 8 e o 12 de maio, no Campus de Pontevedra e da man da Vicerreitoría, a cuarta edición da Semana de Recollida de RAAE (Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos). A actividade, desenvolvida ao abeiro do proxecto Green Campus, permitiu recadar unha manchea de refugallos TIC para o seu correcto tratamento (respectuoso co medio ambiente e coa sustentabilidade). Refugallos como móbiles, cables, cargadores, impresoras, pantallas, computadores, altofalantes e electrodomésticos en xeral. En total, a campaña foi alén do centenar de obxectos recollidos. Agora, coa colaboración da Oficina de Medio Ambiente da Universidade, serán trasladados a un xestor autorizado.
Dirixida tanto á recoller unha serie de dispositivos que funcionan con baterías e que resultan contaminantes para o medio ambiente como a promover a concienciación da comunidade universitaria ao respecto, esta cuarta semana de recollida péchase “cun balance que ten que ser positivo, porque segue contando coa implicación da comunidade universitaria”, salienta o director da Área de Planificación do campus, Celso Cancela.
A maior parte dos aparellos procederon da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e da Casa das Campás, onde se superou (en ambos casos) a ducia de electrodomésticos e dispositivos informáticos, xunto con numerosos cables e ratos. A campaña, amais de material estritamente informático, permitiu tamén recoller outra serie de electrodomésticos, como catro torradoras, unha cafeteira ou as dúas aspiradoras depositadas na sede da Vicerreitoría.
“O obxectivo máis inmediato é retirar da circulación estes aparellos, pero a medio prazo é concienciar de que non se poden botar por aí en calquera colector e creo que nese senso estamos na boa liña”, engade o coordinador desta iniciativa, que como sinala “haberá que agardar aos vindeiros anos” para constatar se segue contando, edición tras edición, coa implicación “dun grupo máis ou menos amplo de xente”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?