Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Escola de Telecomunicación introducirá en ciberseguridade aos nosos estudantes e profesionais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Escola de Telecomunicación introducirá en ciberseguridade aos nosos estudantes e profesionais

Redacción
Publicado: 18/05/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

seguridade-8.jpgA Escola de Enxeñaría de Telecomunicación de Vigo vai organizar entre xuño e xullo unha actividade formativa moi indicada para os tempos que corren, aínda coas consecuencias recentes do virus WannaCry e as múltiples incidencias mundiais provocadas polo seu espallamento (a día 15 de maio, 230.000 equipos infectados dun total 180 países). Falamos do curso Introdución á ciberseguridade, que se vai desenvolver no dito centro vigués entre o 1 de xuño e o 20 de xullo e que, segundo informa a Escola, xa ten arestora aberto o seu prazo de preinscrición e matrícula (a disposición do alumnado universitario e dos nosos profesionais). O curso, que será presencial e en horario de tarde (xoves e venres), abrangue 44 horas de formación.
Segundo informa a organización acerca dos obxectivos do obradoiro, “a ciberseguridade é, ao abeiro das TIC, un dos eidos que máis está a medrar e que máis se prevé que creza e demande profesionais nos vindeiros anos”. Polo tanto, a finalidade do curso é dotar “ao alumnado dunha visión de conxunto dos diferentes aspectos que conforman a protección dixital e das diversas saídas profesionais que permite”.
Contarase coa presenza de Alberto Diaz (xefe de Produto en R Cable, que falará de como coñecer e entender os principais conceptos e termos empregados na ciberseguridade), Iago Fortes (propietario de Inprosec, que introducirá ao alumnado no goberno da seguridade da información), José Ramón García de Searez (xefe de equipo do Servizo de Seguridade en DimensionData, que afondará na arquitectura da protección dixital e máis en tecnoloxías concretas para a seguridade), Eduardo Díaz Comellas (propietario de Ultreia, que formará aos participantes en metodoloxías para salvagardar redes e sistemas), Andrés Tarasco (director de Tarlogic, que amosará como auditar a seguridade), Javier Berciano (do Instituto Nacional de Seguridade, que exporá como xestionar un incidente), Carlos Manchado (xerente de Risk Advisory IT & Ciber Risk Services e Deloitte, que se centrará no desenvolvemento seguro de software), Susana Rey (responsable de Seguridade en R Cable, que fará un percorrido polos aspectos legais ligados á ciberseguridade en España), Alberto Zapico (Axencia Estatal de Administración Tributaria, que avaliará a xestión da protección dixital nesta entidade) e Alberto del Hoyo (responsable de seguridade e desenvolvemento de negocio en Accenture).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?