Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AMTEGA, Cultura e FEGAMP impulsan a modernización tecnolóxica dos nosos servizos bibliotecarios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AMTEGA, Cultura e FEGAMP impulsan a modernización tecnolóxica dos nosos servizos bibliotecarios

Redacción
Publicado: 19/05/2017
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

biblioteca.jpgOptimizar ao máximo a actividade (conxunta e por separado) das nosas bibliotecas a través das novas tecnoloxías da información. Máis, polo miúdo, a través do software libre. Este é un dos grandes obxectivos do convenio que veñen de asinar, esta mañá, a Consellería de Cultura, a axencia AMTEGA e a FEGAMP, un acordo a tres bandas co que se busca integrar 70 bibliotecas e axencias de lectura municipais no catálogo colectivo de Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Esta Rede, sinalouse, contará cun novo sistema integrado de xestión bibliotecaria, “un software aberto que abre as portas da integración de todas as bibliotecas públicas de Galicia nun contorno unificado”. Será un espazo centralizado e único ao servizo de dúas liñas de actividade: o labor dos técnicos das bibliotecas e a actividade de consulta da cidadanía.
Estas iniciativas foron debulladas polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira; e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alfredo García.
Na formalización do convenio, Pereira lembrou que esta actuación conta cun investimento de 1,1 millóns de euros no período 2016-2018, co-financiados con fondos FEDER, para o desenvolvemento e implantación do sistema, a dotación de equipamento tecnolóxico e ampliación dos servizos aos usuarios. O presidente da FEGAMP, pola súa banda, salientou que dende a entidade que representa “sempre se apoiarán todas aquelas iniciativas que traten de mellorar, modernizar ou simplificar os procesos que vaian na procura de mellorar o acceso á documentación”. Tamén dixo que o labor da federación ao abeiro deste acordo presentado hoxe é “impulsar a addenda dos concellos aos que representan a participar nunha iniciativa que vén a favorecer aos usuarios de bibliotecas de toda Galicia, simplificando e amplificando as posibilidades da procura de material bibliográfico”.
Na sinatura do acordo explicouse que na primeira fase deste proceso de integración, iniciada en 2016, incorporáronse ao catálogo colectivo un total de 43 bibliotecas. A andaina que comeza agora, a segunda, abranguerá a integración dun total de 70 bibliotecas e axencias de lectura municipais que na actualidade contan con diferentes programas de xestión. Trátase, en palabras do conselleiro de Cultura, dun proceso de “integración progresiva das preto de 370 bibliotecas que conforman a rede”. Nunha seguinte fase irase completando a incorporación das restantes bibliotecas e abordarase tamén a integración das bibliotecas dos centros públicos escolares.
As 70 bibliotecas e axencias de lectura que se incorporan nesta segunda fase ao sistema integrado de xestión bibliotecaria son dos concellos da Laracha, da Pobra do Caramiñal, de Ames, de Baiona, de Barbadás, de Boiro, de Brión, de Burela, de Cambre, de Cangas, de Carballo, de Carral, de Cedeira, de Cee, de Celanova, de Culleredo, de Fene, de Foz, do Grove, de Lalín, de Marín, de Moaña, de Monforte de Lemos, de Mos, de Narón, de Nigrán, do Saviñao, de Oroso, de Ourense, de Ponteareas, do Porriño, de Redondela, de Rianxo, de Ribadavia, de Ribadeo, de Ribeira, de Sada, de Teo, de Verín, de Vilalba, de Xinzo de Limia, de Bueu e das Pontes de García Rodríguez.
A día de hoxe xa están integradas a Biblioteca de Galicia, as bibliotecas públicas da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago de Compostela, e as bibliotecas especializadas de arquivos e museos xestionadas pola Consellería; a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega, as fundacións Manuel María e Vicente Risco, a biblioteca do Convento de San Francisco e o CGAI, xunto coas bibliotecas públicas municipais de Ferrol, Vigo, Oleiros, Laxe, Sanxenxo e Ortigueira.
Segundo se fixo saber na formalización do acordo, a maiores de todo o de todo o devandito, o novo sistema de xestión bibliotecaria permite mellorar o servizo para os usuarios e as usuarias de cada biblioteca e da Rede en xeral ao crearse un catálogo único, accesible a través da web rbgalicia.xunta.gal. Ademais, sinalouse, os usuarios terán un carné único de bibliotecas que dará acceso aos servizos de todas as bibliotecas públicas integradas.
O vindeiro 26 de maio, a Cidade da Cultura acollerá unha xornada técnica á que está convocado o persoal técnico das novas bibliotecas e axencias de lectura que se incorporan ao sistema, para darlles a coñecer as potencialidades do mesmo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?