Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CINAE da UVigo lembra que en 2020 o 65% dos satélites estatais serán galegos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CINAE da UVigo lembra que en 2020 o 65% dos satélites estatais serán galegos

Redacción
Publicado: 19/05/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_unidade_mixta_cinae_aistech.jpgO 65% dos satélites españois en 2020 serán galegos. Así o fixeron saber onte nunha sesión cos medios os impulsores da alianza de traballo (Unidade Mixta de Investigación) conformada polo Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia (CINAE, Universidade de Vigo) e a empresa Aistech Space. Segundo engadiron durante a presentación do seu proxecto conxunto, A fábrica do futuro, hai unha manchea de ámbitos e sectores onde os nosos satélites poden achegar todo tipo de vantaxes e beneficios, por exemplo os eidos pesqueiros, agrícolas ou agroforestais, onde os aparellos aeroespaciais galegos fornecerían seguimento e eficacia nas plantacións, control de verteduras no mar ou mesmo loita e vixilancia exhaustiva contra incendios. Esta vontade de achegar servizos de precisión é o alicerce da unidade mixta. Dende o seu seo desenvolverase unha rede de dúas ducias de satélites de observación, comunicacións e control marítimo .
O acto de presentación celebrouse na sede do CINAE e nel participaron Fernando Aguado, director técnico e investigador principal do centro para este proxecto de tres anos de duración, o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, o representante de Aistech Guillermo Valenzuela, a delegada do Estado na Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa e a directora de GAIN, Patricia Argerey.
Segundo fixo saber Aguado, “CINAE e Aistech crearán un deseño de plataforma común para todos os satélites da constelación, que se pode fabricar con elevados estándares de calidade e de xeito eficiente, para o que se aplicarán técnicas da industria 4.0 que permitan crear una liña de ensamblaxe automatizada, ao tempo que se mellorará a fiabilidade dos procesos de deseño e de fabricación dos nanosatélites”.
O custo total do proxecto ascende a 2,3 millóns de euros. Con esta iniciativa, que prevé despregar a constelación de satélites antes do ano 2022, Aistech pretende “fornecer datos e información exacta e de calidade, a baixo custo, de calquera recanto do planeta cun tempo de refresco medio de 10 minutos, a compañías, organizacións ou gobernos, co obxectivo de ampliar o seu coñecemento sobre áreas de interese ou mellorar a toma de decisións”. A fábrica para a integración de aparellos terá o centro de seu no CINAE. O roteiro a seguir é o seguinte: poñer en órbita en 2018 o primeiro satélite (arestora en fase de integración) e encarar as misións reais con lanzamento ao ano seguinte.
Nun plano máis detallado, o papel de Aistech céntrase nas tarefas de integración das cargas útiles. CINAE, pola súa banda, actúa como socio tecnolóxico de nivel de misión e de plataforma, “achegando a experiencia dos seus investigadores para crear a constelación de nanosatélites”. Na presentación da unidade mixta, Aguado lembrou o traballo desenvolvido na Universidade de Vigo e en CINAE que a día de hoxe suman o 42% dos satélites desenvolvidos e lanzados en España, ao tempo que avanzou que no período 2019-2020 guindaranse desde Galicia catro satélites adicionais “co que o CINAE terá deseñado e lanzado o 65% dos satélites fabricados en España ata esa data”.
Os cubesats de 6U que se están a deseñar neste proxecto teñen unhas dimensións de 30x10x10 centímetros e un peso duns 10 quilogramos, podendo realizar entre 14 e 15 órbitas ao día, o que implica unha cobertura total.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?