Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Inaugúrase en Fonseca unha mostra que amosa a historia informática da Universidade de Santiago
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Inaugúrase en Fonseca unha mostra que amosa a historia informática da Universidade de Santiago

Redacción
Publicado: 22/05/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

usc_historia_informatica.jpgO Colexio Fonseca da Universidade de Santiago acolle dende hoxe a mostra A historia da informática na USC, impulsada polo propia USC coas importantes achegas do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). A exhibición abrangue aparellos como unha máquina perforadora, un Mac LC ou un Toshiba Portátil, todos eles de especial relevancia para o desenvolvemento de importantes fitos históricos da USC. Foi inaugurada polo reitor Juan Viaño, quen fixo un percorrido polo significado destes e outros trebellos.
O obxectivo da exposición, comisariada polo profesor José Ángel Docobo, é “guiar o espectador pola historia da informática na USC, que arranca no ano 1969 cando o reitor García Carrido decide impulsar un centro de cálculo propio grazas á colaboración da Fundación Barrié de la Maza”. Segundo engadiu Viaño, “a devandita foi unha decisión que marcaría o inicio da modernización tecnolóxica na universidade”. Precisamente, engadiu, a constitución do Centro de Cálculo Barrié de la Maza é “unha das claves da mostra”, como tamén o é o Proxecto Telegal, “que levou a informática ás ensinanzas primaria e secundaria de Galicia”.
usc_historia_informatica_2.jpgAdemais, exponse o primeiro computador analóxico que tivo a USC e mediante paneis didácticos coñécense as partes básicas e características dun computador e a evolución da informática dende os anos setenta ata os nosos días, a través dun compendio de aparellos dos 80 e 90 e dos distintos soportes de almacenamento de datos. Inclúese tamén un apartado dedicado ás aplicacións actuais da computación en distintas liñas de investigación que se están a desenvolver na USC.
A mostra poderá visitarse durante todo este ano de 12.00 a 20.00 horas de luns a venres e ata as 15 horas os sábados. Os centros educativos e outros colectivos interesados en realizar unha visita guiada poden poñerse en contacto co profesor Docobo Durántez no enderezo joseangel.docobo@usc.es.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?