Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Congreso dos Deputados abriu as súas portas a unha delegación de AGGETT
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Congreso dos Deputados abriu as súas portas a unha delegación de AGGETT

Redacción
Publicado: 22/05/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

agget_visita_aesa_participantes.jpgA xunta directiva da Asociación Galega de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións (AGGETT) acudiu os días pasados a Madrid para visitar o Congreso dos Deputados. A visita, que se fixo en resposta a un convite da presidenta da cámara, Ana Pastor, centrouse principalmente en intercambiar información actualizada sobre a actividade das dúas entidades. Por certo que o convite a coñecer o Congreso formalizouse durante o desenvolvemento do recente Congreso Internacional de Drons, organizado pola AGGETT en Ourense, no que participou a presidenta da cámara como invitada á cea de clausura.
Aproveitando a celebración do Día Mundial das Telecomunicacións (o pasado 17 de maio) e outras visitas que este colectivo tiña pendentes en Madrid, a embaixada da AGGETT chegou ao Congreso dos Deputados na compaña de Isidoro García, secretario xeral do Colexio Estatal de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións, o COITT. Tralo recibimento, Ana Pastor acompañou á comitiva unha visita guiada polas dependencias e diferentes espazos do edificio, explicando o funcionamento de cada un dos departamentos do órgano representativo.
Segundo nos conta a AGGETT, no encontro con Ana Pastor non se quixo deixar de lado o significativo feito de coincidir a celebración mundial das telecomunicacións co Día das Letras Galegas. Neste senso, o presidente da entidade profesional galega, José Manuel Martínez, evocou a Carlos Casares con dúas frases de seu: “A literatura non ten por que gustarlle a todo o mundo” e “Cela dime que a lingua galega debería ter un premio Nobel”. A continuación, secundou ao escritor galego sinalando que, “da mesma maneira, as novas tecnoloxías e as telecomunicacións non teñen por que gustarlle a todo o mundo, pero todos utilizámolas e fannos a vida máis doada e resulta impensable desconectarnos delas hoxe en día, e opino igualmente que os profesionais galegos do sector tecnolóxico, en especial das telecomunicacións, tamén se merecen un Nobel e non hai mellor premio que recoñecer o seu importante traballo e achegas ao mundo empresarial e á innovación”.
aggett_visita_aesa.jpg Pola súa banda, a presidenta do Congreso transmitiu o seu apoio a esta nova asociación “en todas as iniciativas que emprenda”. Asemade, mostrou o seu compromiso para traballar a prol de conseguir que “a lexislación que afecta a este colectivo, sobre todo no relativo a estas aeronaves, chegue a bo porto da maneira máis áxil e eficaz posible”. A presidenta do Congreso, a maiores, recoñeceu e felicitou á AGGETT polo “enorme traballo realizado na súa andaina, animando aos seus integrantes a seguir traballando polo sector das telecomunicacións e as novas tecnoloxías”.
Patricia Agrelo e José Manuel Martínez, secretaria e presidente de AGGETT, fixéronlle entrega a Pastor dun recordo desta visita: o faro de Corrubedo, obra da factoría galega de Sargadelos, pola “simboloxía dupla que ten con Galicia e coas telecomunicacións”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?