Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Tropa Verde e o Concello de Santiago lanzan concursos de procura do tesouro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Tropa Verde e o Concello de Santiago lanzan concursos de procura do tesouro

Redacción
Publicado: 22/05/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

tropa_verde_reto_2.jpgA iniciativa ecolóxico-tecnolóxica Tropa Verde, impulsada pola empresa local Teimas e diferentes concellos da nosa terra (primeiro Santiago e logo Lugo, Ames, Redondela e O Porriño), está a xerar interesantes propostas de lecer e aventura a cabalo entre o urbano e o rural, entre o plano real das cousas que podemos ver e tocar e o dixital. Tropa Verde, que como lembraremos ten a arela recompensar o compromiso da cidadanía coa xestión sostible de refugallos electrónicos (e de todo tipo), vén de lanzar xunto co Concello dous concursos en Compostela. O primeiro convídanos a procurar un tesouro a través dun xogo de pescudas. O segundo, tamén unha actividade para buscar agasallos, invita aos usuarios a enviar fotografías que plasmen o labor de Tropa Verde ou algún aspecto vencellado ao medio ambiente.
torpa_verde_caza_do_tesouro.jpg A primeira proposta promete “fantásticos premios”. Consiste basicamente en descifrar pistas e completos retos que se irán publicando en Facebook, na páxina tropaverde.org e a través de correos electrónicos ás persoas inscritas en Tropa Verde. Con cada acerto, os participantes recibirán un anaco de fotografía que terán que completar e que os levará a un lugar, un día e una hora en concreto onde se repartirán os premios. A primeira persoa que chegue o lugar de encontro levará o cofre cheo de agasallos. Haberá outros dous galardóns para a segundo e o terceiro posto e sorteos entre todos os participantes. O período de participación comezou xa a semana pasada.
Polo que respecta ao segundo concurso, consiste en que cada participante, con cada acerto, reciba un anaco de imaxe. Esta foto deberá ser completada para que sirva de roteiro, ou sexa, de guía para levar aos concursantes cara un lugar e unha hora en concreto onde se repartirán os premios. A primeira persoa que remate primeiro de descifrar as pistas e atope o lugar de encontro levará o cofre cheo de agasallos. Haberá outros dous presentes para a segundo e o terceiro posto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?