Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A estratexia smart de Ferrol e Narón recibe 10 millóns de euros da UE
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A estratexia smart de Ferrol e Narón recibe 10 millóns de euros da UE

Redacción
Publicado: 23/05/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

concello_ferrol_edusi_naron_ferrol.jpgA estratexia sustentable (EDUSI) de Ferrol e Narón, un proxecto partillado para traballar a prol do emprego e a calidade de vida da cidadanía a través de recursos smart, vén de acadar 10 millóns de euros a través da segunda convocatoria dos fondos europeos FEDER 2014-2020. Esta subvención, a segunda europea que logra Ferrol en maio, implica o pulo definitivo a un proxecto que se artella en torno a seis obxectivos temáticos, un dos cales se insire no eido do goberno electrónico e procura a “reoeorganización dixital da obsoleta estrutura das dúas administracións locais”. O obxectivo común destes puntos da EDUSI (Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado) Ferrol-Narón é camiñar cara a unha cidade intelixente, vertebrada, que se abra ao mar e comparta servizos e estratexias de desenvolvemento.
Ría de Ferrol: Cidade 2020 é a denominación formal que ten a EDUSI presentada de forma conxunta por Ferrol e Narón a convocatoria dos Fondos FEDER 2014-2020, unha achega que abre as portas ás axudas da Unión Europea (Fondos FEDER) para o desenvolvemento rexional, apostando por pequenos e estratéxicos investimentos en persoas. O plan das dúas localidades galegas abrangue seis obxectivos temáticos: unha liña estratéxica para impulsar actividades de valor engadido nos sectores tradicionais (Máis alá do naval); un ámbito de traballo para potenciar a candidatura de Ferrol ao Patrimonio da Humanidade da UNESCO mediante a rehabilitación e posta en valor do propio patrimonio (Cidade da Ilustración); unha proposta estratéxica para abrir Ferrol ao mar e que inclúe melloras importantes na contorna litoral, con equipamentos como sendas peonís ou carrís bici, amais de labores de descontaminación e de seguimento smart da conservación do medio (Ola Mar); unha liña de traballo para loitar contra as carencias sociais e para optimizar a calidade da paisaxe urbana (Ferrol Mola); e un espazo para harmonizar urbanisticamente os dous concellos, cun impulso aos transportes sustentables, sobre todo a bici e o metro lixeiro (Compacta, vertebrada e conectada).
A maiores, inclúese un bloque de Administración Electrónica, a área Eficiente e dixital. Con este bloque temático quérese reorganizar dixitalmente a “obsoleta estrutura das dúas administracións locais en aras de acadar a máxima eficiencia nun nivel supramunicipal acorde a Lei de Procedementos da Administración Electrónica”. Con estas actuacións daráselle prioridade ao ámbito social e de promoción económica a través da asistencia social e integraranse e aplicaranse algunhas funcións propias das Smart Cities como por exemplo as paradas intelixentes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?