Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo co-organiza unha prestixiosa escola de verán sobre tecnoloxías sen fíos 5G
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo co-organiza unha prestixiosa escola de verán sobre tecnoloxías sen fíos 5G

Redacción
Publicado: 23/05/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_escola_de_veran_5g.jpgUnha cita educativa e informativa de primeira liña, referencial se mire por onde se mire, para formarnos en tecnoloxía 5G e albiscar alén dela (na procura de novas potencialidades do acceso sen fíos 5G). Así será a edición 2017 da Joint IEEE SPS Eurasip Summer School on Signal Processing for 5G Wireless Access, que se celebrará entre os días 29 de maio e 1 de xuño na cidade de Gotemburgo. O curso, que contará con presenza galega nas súas exposicións, vén da man da Universidade de Vigo xunto ás de Chalmers, Linköping, Texas en Austin e Aalborg. Trátase, máis polo miúdo, da nova convocatoria dunha prestixiosa escola de verán que constitúe unha xanela directa á investigación internacional en procesamento de sinais para o acceso sen fíos 5G. Desta volta haberá catro bloques temáticos principais: MIMO masivo, comunicación mmWave, posicionamento e comunicación de máquina a máquina.
Entre as e os relatores que intervirán nesta edición da escola de verán está a docente e investigadora da Universidade de Vigo e do seu centro AtlantTIC Nuria González Prelcic, coautora de máis dunha vintena de artigos sobre tecnoloxías MIMO para onda milimétrica e que ten impartido seminarios especializados en congresos como ICASSP 2017, Globecom 2016 ou WCNC 2017. Segundo informou a investigadora, será unha privilexiada oportunidade para colaborar “con varias das universidades e investigadores que máis teñen que dicir no tema das novas tecnoloxías 5G, que son basicamente MIMO masivo e comunicacións en onda milimétrica”.

A investigadora da Universidade de Vigo e do centro Atlanttic, Nuria González
A investigadora da Universidade de Vigo e do centro Atlanttic, Nuria González
Nuria González, xunto ao docente da Universidade de Texas en Austin, Robert Heath, co-organizou dúas sesións especiais sobre comunicacións mediante ondas milimétricas en SPAWC 2015 e Asilomar 2016. Segundo engade en relación ás súas achegas na escola de verán, “a tecnoloxía de onda milimétrica trata de operar a frecuencias moi altas, da orde de máis de 30GHz, con grandes estruturas homoxéneas de antenas, para acadar velocidades de transmisión moi altas, moitas decenas e incluso centenas de xigabits por segundo”. Estas velocidades, explica, fan realidade aplicacións que “ata o de agora non eran posibles, desde comunicacións vehiculares de alta velocidade a módulos de comunicacións para sistemas de realidade virtual”.
Na escola de verán, ademais dos relatorios que ofrecerán algunhas e algúns dos principais expertos no eido do procesamento de sinais para comunicacións, tamén se impartirán relatorios a cargo de representantes das empresas Huawei, Ericsson, Volvo ou China Mobile.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?