Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O tradutor de mensaxes instantáneas DROTR inclúe o galego nas súas linguas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O tradutor de mensaxes instantáneas DROTR inclúe o galego nas súas linguas

Redacción
Publicado: 26/05/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

tiw.jpgA compañía suíza TIW (Technology Improves the World) vén de crear unha plataforma de tradución que incluíu o galego entre os 104 idiomas incorporados na súa ampla base de datos. DROTR, tradutor de mensaxes instantáneas para sistemas Android e iOS, é unha aplicación gratuíta especialmente deseñada para dar servizo a persoas sen coñecementos das linguas das persoas coas que queren comunicarse. DROTR é o primeiro produto tecnolóxico que agroma da equipa formada por Eugen von Rubinberg, director executivo, e Alexander Konovalov, innovador técnico e delegado do consello de administración. Amais do galego, tamén se incluíron o portugués, o castelán e o catalán.
drotr.jpg Como dixemos, o servizo é quen de traducir 104 idiomas en tempo real, e todo apunta a que se irá incrementando a listaxe en datas vindeiras. Permite, arestora, levar a bo porto conferencias de vídeo en 44 linguas diferentes. DROTR, a maiores, traduce chats, video chamadas e chamadas en tempo real do idioma do remitente ao idioma do destinatario. O creador da plataforma é o especialista en deseño IT Aleksander Konovalov. Desde 2013 leva traballando, xunto co seu equipo de desenvolvemento, nunha tecnoloxía que permitise a tradución simultánea e que fornecese a persoas de diferentes países do mundo a posibilidade de falar e comunicarse na súa lingua materna. Segundo apuntan dende TIW, “non existía ata o de agora no mercado tecnoloxía algunha comparable a DROTR en termos de calidade”. A partir deste mes de maio a versión completa de DROTR para Android e iOS está dispoñible de maneira gratuíta para toda a comunidade de usuarios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?