Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Down Ourense e Vodafone impulsan a inserción laboral pola vía das TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Down Ourense e Vodafone impulsan a inserción laboral pola vía das TIC

Redacción
Publicado: 29/05/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

happy_day_ourense.jpgA organización Down Ourense e a Fundación Vodafone España presentaron a semana pasada, no centro La Molinera de Ourense, os resultados dunha iniciativa encamiñada a avanzar formación tecnolóxico-dixital con vistas á inserción laboral das persoas do devandito colectivo. Trátase de H@ppy Day (Yo me prep@ro), unha proposta dirixida tamén aos empresarios, aos que se busca sensibilizar acerca da súa importancia como axentes derrubadores de barreiras, atrancos e estereotipos. Ou sexa, que se procura conciencialos acerca das vantaxes de empregar persoas con síndrome de Down. Na presentación, de feito, participaron representantes do tecido empresarial de Ourense, así como usuarios da devandita organización local, que relataron a súa experiencia ao abeiro do dito programa, coa axuda do cal acadaron finalmente un posto de traballo.
Na sesión lembrouse que Yo me prep@ro é un programa financiado pola Fundación Vodafone, sendo o seu obxectivo fornecer ás persoas con características intelectuais diversas as ferramentas e estratexias necesarias para facilitarlles o acceso ao emprego, a través das diferentes tecnoloxías implantadas na sociedade: acceso a Internet, uso do computador, acceso a redes bancarias informatizadas, comunicación a través da telefonía móbil ou fixa, consultas en organismos públicos, programación e uso da televisión e DVD, entre outras operacións e recursos.
No acto interviñeron o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; o vicepresidente da Deputación de Ourense e Concelleiro de Servizos Xerais, Promoción Económica e Emprego, Jorge Pumar; a vicepresidenta de Down Ourense, Mila Requejo; e o responsable de Administracións Públicas de Vodafone España en Galicia, Jesús Sueiro. Tamén se contou coa presenza de representantes do sector empresarial, como Natalia Barreiros, responsable de Merkal Calzado; Carlos Mata, responsable da empresa Primux, e Verónica Pardellas, usuaria de Down Ourense.
Na súa intervención, a vicepresidenta de Down Ourense, Mila Requejo, agradeceu que programas como Yo me prep@ro axuden ás persoas coa síndrome de Down a formarse en novas tecnoloxías, indispensables para atopar traballo. Requejo explicou que “dos 8 mozos de Down Ourense que participaron neste curso, 4 conseguiron un contrato de traballo e 6 realizaron prácticas en distintas empresas da cidade”. O responsable de Administracións Públicas de Vodafone España en Galicia, Jesús Sueiro, felicitou a Down Ourense polos resultados obtidos, e enxalzou o carácter nacional do programa, que celebra a súa terceira edición. Pola súa banda, o impulsor da empresa Primux, Carlos Mata, compartiu a súa experiencia contando cun traballador coa síndrome de Down: “Estamos totalmente satisfeitos con el; leva xa algo máis dun ano, e queremos que siga no noso persoal; convidaría a calquera a velos traballar no día a día, e a aprender coa experiencia”.
Máis detalles sobre o programa en Ourense
Na provincia están a recibir formación prelaboral TIC oito usuarios de Down Ourense. Estes alumnos sumaranse a outros en diversas provincias, alcanzando un total de 240 mozos que recibirán esta formación en toda España. En total, serán 10.500 horas formativas apoiadas en sete novos vídeo-titoriais que debullarán os pasos e instrucións para que os alumnos coñezan a fondo o uso da Internet, xestionar o correo electrónico ou manexar redes sociais como LinkedIn, entre outras habilidades.
Desde a súa posta en marcha en 2014 este programa conseguiu 222 contratos para alumnos coa síndrome de Down.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?