Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo volve incluír perfís TIC nos novos postos de Ben Empregado
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo volve incluír perfís TIC nos novos postos de Ben Empregado

Redacción
Publicado: 30/05/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

community_manager-4.jpgA Deputación de Lugo anunciou este luns a achega de 20 novos postos de traballo para todo o ámbito da provincia. A iniciativa artéllase a través do programa Ben Empregado!, que vai pola súa terceira edición, e que se dirixe a impulsar a inserción laboral facendo especial fincapé na xente nova. Entre estes 20 perfís acabados de presentar (e publicados na Bolsa de Emprego da Deputación que se atopa en www.deputacionlugo.gal) hai, como vén sendo costume, presenza TIC. Máis polo miúdo o perfil dun community manager (construción e administración de comunidades en liña arredor dunha marca ou un concepto en Internet e nas redes sociais) para o concello de Vilalba. Na listaxe tamén se inclúe, entre outros, un técnico en publicidade para Lugo.
Volvendo aos novos postos de traballos fornecidos pola entidade provincial, sinalar que están a disposición dos lucenses que se atopen arestora en paro e que se complementan cos 161 que comezaron a traballar esta mesma semana. O prazo para concorrer a eles remata o vindeiro luns, 5 de maio incluído. Para máis información cómpre chamar aos números 982 260 055 e 982 260 106 ou ben poñernos en contacto coa Deputación a través de benempregado3@deputacionlugo.org.
Segundo engade a entidade provincial que preside Darío Campos, con estes 20 novos postos, que se engaden aos 161 que comezan a traballar esta mesma semana, o Executivo provincial está a xerar un total de 181 novos empregos na provincia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?