Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG premia a Andrés Xavier García-Rodeja
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG premia a Andrés Xavier García-Rodeja

Redacción
Publicado: 31/05/2017
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

andres_garcia-rodeja_cpeig.jpgAndrés Xavier García-Rodeja Fraga (Santiago de Compostela, 1977), na actualidade director do Centro de Excelencia en Intelixencia de Negocio de DXC Technology en Galicia, resultou gañador do Premio Traxectoria Profesional do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). Andrés Xavier García-Rodeja é colexiado desta entidade profesional desde a creación da mesma, hai dez anos. Recollerá o premio no transcurso da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, que se celebra o 16 de xuño en Compostela, da man do CPEIG e na compaña de empresarios e profesionais TIC da nosa terra, persoas colexiadas e representantes das administracións.
Enxeñeiro en Informática pola Universidade da Coruña, especialidade en Computación e Recuperación da Información; máster en Aprendizaxe Estatístico e Data Mining e máster en Dirección de Empresas TIC, Andrés García-Rodeja é desde a súa creación o director do Centro de Excelencia en Intelixencia de Negocio (CEIN) de DXC Technology en Galicia.
O CEIN naceu en xullo de 2016 a raíz da firma dun convenio entre Hewlett Packard Enterprise, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Xunta de Galicia, e está emprazado na Cidade da Cultura. Actualmente pertence á nova compañía DXC Technology, e conta cun equipo de 50 profesionais especializados en Big Data, Analytics, Data Science e Business Intelligence que participan en proxectos para clientes a nivel nacional e internacional. O CEIN tamén ofrece a titulados universitarios asesoramento especializado a través do seu programa Observatorio Tecnolóxico DXC, desenvolvido conxuntamente coa USC e considerado como un importante paso para o desenvolvemento da análise da información a gran escala (Big Data Analytics) en Galicia.
O premiado foi con anterioridade xerente de desenvolvemento da unidade de Big Data e Analytics de Hewlett Packard Enterprise para España e Portugal, onde dirixiu un equipo de máis de 100 profesionais. Desde o inicio da súa traxectoria profesional, no ano 2000, traballou na compañía Hewlett Packard como consultor, xerente de proxectos e responsable de metodoloxías de desenvolvemento nos ámbitos de intelixencia nos negocios e a análise da información a gran escala, prestando servizos que permitisen aos seus clientes xestionar os seus datos, analizalos e transformalos en coñecemento e accións de valor.
Principais proxectos dirixidos ao longo da súa traxectoria:
· Dirección do desenvolvemento de É-Saúde, a ferramenta do SERGAS de comunicación coa cidadanía, accesible desde calquera lugar e dispositivo (ordenador, móbil, tableta…) que permite o acceso a servizos e contidos de saúde personalizados.
· Dirección do desenvolvemento, evolución, mantemento, soporte e operación do Almacén de Información Analítica do SERGAS entre 2006 e 2014. Este sistema fornece ferramentas e mecanismos de acceso á información para a toma de decisións a cidadáns, profesionais, xestores e directivos en ámbitos funcionais como prestación farmacéutica, hospitalización, cirurxía, etc.
· Dirección do desenvolvemento, implantación e evolución da Receita Electrónica do SERGAS entre 2008 e 2014. Cun nivel de implantación do 99,28% na actualidade, a dita Receita Electrónica foi premiada o pasado mes de abril polo Foro de Médicos de Atención Primaria como a receita electrónica máis estendida e accesible do Sistema Nacional de Saúde.
· Dirección do desenvolvemento e evolución do Sistema de Información Analítica (SIAN) do CIXTEC entre 2010 e 2014. Este sistema está orientado a dar resposta ás necesidades de información da organización en áreas funcionais que inclúen orzamentos, contabilidade, tesourería, facturación e recursos humanos.
Outros méritos destacados:
· Membro do Consello Empresarial do CITIUS.
· Membro da Comisión Asesora Externa para a definición do plan de estudos do Máster en Big Data da Universidade de Santiago de Compostela
· Seleccionado no programa de altos potenciais HP ES Iberia High Potential Program (HiPo) para o desenvolvemento de talento directivo en 2014-15. Obtivo o recoñecemento ao Proxecto máis innovador polo caso de negocio Analíticas para a redución da taxa de abandono e a mellora da rendibilidade de cliente en entidades financeiras.
Como formador, impartiu e imparte clases en distintos másteres universitarios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?