Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O sector turístico de Lugo coincide coa Deputación na necesidade de apostar polas TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O sector turístico de Lugo coincide coa Deputación na necesidade de apostar polas TIC

Redacción
Publicado: 31/05/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

depu_lugo_turismo_mesa.jpgO presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, xunto ao deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, amosaron este mércores os resultados das mesas de traballo levadas a cabo en 2017 ao abeiro do Plan Estratéxico de Turismo (2017-2020) da entidade provincial, que será presentado este mes de xuño. Segundo fixeron saber, logo dunha primeira fase de estudo do sector na provincia comezouse co plan de participación sectorial que incluíu entrevistas en profundidade con expertos, mesas de traballo e enquisas online. Este treito de traballo, que convocou preto de 250 axentes de todos os eidos turísticos, serviu entre outras cousas para pór de manifesto a necesidade de avanzar en recursos dixitais de promoción, comunicación e reclamo.
O Presidente lembrou que “o plan de participación sectorial deseñouse coa intención de realizar unha fase de consulta ao sector para que así todos os axentes do territorio puideran participar no deseño do Plan Estratéxico da Provincia de Lugo, xa que este plan pretende ser feito entre todos e para todos”. O seu obxectivo, recordou, é impulsar o medre e transformación do tecido turístico da provincia cara a un modelo máis competitivo, innovador, participativo e sustentable.
Segundo fixo saber, o que resta agora, antes da presentación do Plan, é unha fase de diagnose e o establecemento dos retos e estratexias da folla de ruta.
Polo que respecta ás conclusións do plan de participación sectorial, centráronse na situación actual do sector turístico na provincia de Lugo, a identificación dos “recursos e produtos estrela”, as posibles actuacións de promoción e comercialización, así como a formación e profesionalización do sector.
En canto ás actuacións de promoción e comercialización, todos os axentes que participaron nas mesas de traballo e nas enquisas consideran que é preciso e moi axeitado aplicar estratexias de promoción e comercialización en liña e offline, que acubillarían, entre outros recursos, unha páxina web turística da provincia, promoción a través de redes sociais, aplicacións turísticas, asistencia ás feiras turísticas e campañas publicitarias.
Tamén se coincidiu en facer fincapé na formación e na profesionalización do sector, debendo mellorar especialmente nos seguintes ámbitos: idiomas, mercadotecnia turística e emprego de novas tecnoloxías da información.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?