Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pont-Up Store 2017 mostrará o mundo o empuxe innovador de 53 novas firmas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pont-Up Store 2017 mostrará o mundo o empuxe innovador de 53 novas firmas

Redacción
Publicado: 31/05/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_pontevedra_pont_up_store_2017_presentacion.jpgOnte presentouse na cidade do Lérez un nova edición (a cuarta) da Pont-Up Store, o espazo pontevedrés por excelencia para amosar músculo innovador e emprendedor (os dous ingredientes básicos do desenvolvemento económico, tecnolóxico e social). A cita, segundo se fixo saber, será os días 22 e 23 de setembro na praza de España. Haberá recinto específico para dar a coñecer a actividade de 53 novas empresas e diferentes demostracións de produtos e servizos e actividades de promoción do espírito emprendedor. O prazo para participar e presentar solicitudes ficará aberto ata o 9 de xullo. A intención é superar as 139 peticións acadadas o ano pasado.
O evento vén da man do Campus de Pontevedra (Universidade de Vigo), ao abeiro do proxecto de especialización CREA S2i, co Concello como patrocinador principal. Segundo explicaron na rolda de presentación, Pont-Up Store achegará visibilidade de balde a 53 novas firmas e fornecerá 33 stands, aos que se suma a posibilidade de dinamizar dez das actividades que se levarán a cabo no recinto e outras dez prazas para participar no Puntazo Exprés, no que os emprendedoros poderán expoñer en cinco minutos os seus proxectos ante representantes de empresas relevantes de Galicia.
Na rolda cos medios participaron o vicerreitor do campus, Juan Manuel Corbacho, a concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, e o deputado provincial Carlos López Font, amais do profesor da Facultade de CCSS e da Comunicación, Pedro Figueroa. Segundo informaron, entre as accións previstas figuran (no Campus, a partir do día 21) unha alborada emprendedora e un FabLab Laboratorio Creativo (un obradoiro de fabricación dixital que acollerá cousas como sesións sobre robótica e impresión 3D, tanto para profesorado como para nenos e nenas, así como un obradoiro dirixido a idear elementos smart para o ámbito urbano).
Xa o venres 22, o Campus acubillará a reunión anual da comunidade WordPress en Pontevedra (Meetup), que promoverá unha serie de actividades formativas ligadas a esta plataforma tecnolóxica destinada á creación, desenvolvemento e mantemento de páxinas web. Entre as accións complementarias tamén se acha unha Xincana Bike, o sábado 23, organizada coa colaboración do Club Ciclista Poio; amais da presentación no espazo da feira da PonteVan, unha food truck desenvolvida por catro centros formativos da cidade coa colaboración da spin-off da Universidade Quantum Innovative.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?