Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Iníciase a tramitación da Lei de Administración Dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Iníciase a tramitación da Lei de Administración Dixital

Redacción
Publicado: 01/06/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20170601_feijoo.jpgO presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, informou hoxe do inicio da tramitación da Lei de Administración Dixital de Galicia que permitirá un marco normativo único e ofrecer servizos máis sinxelos e eficaces. Para iso, a Lei dotará á Comunidade dun marco legal único que recollerá todos os aspectos necesarios para acadar unha Administración 100% dixital. Nel vanse sistematizar todos os decretos, ordes e outras disposicións sobre as relacións administrativas dixitais que a Xunta vén elaborando desde o ano 2010, poñendo fin á dispersión normativa que hai na actualidade para lograr unha maior eficacia e simpleza dos procedementos.
Unha das principais novidades do documento será a creación dun sistema de indicadores que facilite seguir os avances na dixitalización da Administración.
Entre os aspectos que concretará a Lei de administración dixital de Galicia están: os dereitos e deberes dos cidadáns e da Administración nas súas relacións; os dereitos e deberes dos empregados públicos; os instrumentos de funcionamento interno para a xestión dixital da Administración; o impulso específico que precisa a dixitalización das relacións con sectores coma o turístico, o industrial ou o rural; os medios necesarios para a cooperación con outras Administracións públicas; os órganos de goberno necesarios para o desenvolvemento dixital; e os sistemas de seguridade necesarios para que esta dixitalización se leve a cabo con todas as garantías, entre outras medidas.
O20170601_feijoo2.jpg texto lexislativo está dispoñible a consulta pública previa no portal de transparencia da Xunta de Galicia, co obxectivo de que sexa aprobada definitivamente polo Consello e inicie a súa tramitación parlamentaria no segundo semestre deste ano. Entre este ano e o seguinte avanzarase, tamén, noutros aspectos relativos á dixitalización, como a nova sede electrónica da Xunta, máis adaptada a dispositivos móbiles e con posibilidade de personalizala en función do perfil do cidadán ou empresa, que entrará en funcionamento no último trimestre do ano. Así mesmo, reformularanse tamén as Oficinas do rexistro e crearase a figura do funcionario habilitado e do rexistro de apoderamentos, para que unha persoa autorizada ou un funcionario poida realizar trámites telemáticos en nome doutra persoa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?