Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lalín aposta de cheo polo visual no seu novo portal turístico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lalín aposta de cheo polo visual no seu novo portal turístico

Redacción
Publicado: 01/06/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

lalin_presentacion_web_turismo.jpgO Concello de Lalín presentou os días pasados a nova páxina web municipal de turismo, turismo.lalin.gal, un sitio en liña creado con recursos propios (o persoal do departamento de Novas Tecnoloxías) e que destaca ante todo polos esforzos postos en xogo para salientar os atractivos do termo municipal a través dunha proposta visual e moi interactiva. A web foi dada a coñecer polo concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño, o edil de Novas Tecnoloxías, Tomás Vilariño e o técnico de Turismo, José González Sixto. Na rolda de prensa fixeron fincapé no aforro importante, de 10.000 euros, que se conseguiu grazas ao gran traballo despregado polo departamento de Novas Tecnoloxías.
Tomás Vilariño explicou que “se trata dunha web moi visual e interactiva”, na que existen seccións como “que ver, que facer, como chegar, multimedia, Camiño de Santiago, ou servizos de interese”. Tamén sinalou que se trata “dun proxecto vivo e participativo” que se irá actualizando e dotando de contido case a diario.
Pola súa banda, o concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño, comezou agradecendo “o magnífico traballo dos empregados municipais e en especial do concelleiro de Novas Tecnoloxías por desenvolver este portal”. Asemade, fincapé en que se trata “dunha ferramenta moi útil, innovadora, moderna, dinámica, pero ao mesmo tempo sinxela e manexable, coa que se dá a coñecer e se pon en valor o noso municipio e tamén se convida a visitar Lalín”.
O responsable de Turismo fixo saber que este proxecto parte do Plan estratéxico de Turismo presentado o ano pasado e que incluía entre as súas estratexias a necesidade de contar cunha web turística propia e específica. Tamén engadiu que “é posible que se trate dunha das páxinas de turismo máis destacadas dos concellos da nosa mesma categoría”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?