Logitech presentou hoxe un novo software coñecido como Logitech Flow, que facilita o control de ata 3 ordenadores cun único rato, buscando así facilitar o traballo en certos contornos de traballo nos que resulta habitual traballar con varios equipos e quérese conseguir un control dos mesmos máis cómodo. Este software é compatible cos novos ratos da compañía, como son o Logitech MX Master 2S e o Logitech MX Anywhere 2S, que destacan pola súa precisión (teñen unha resolución de 4.000 puntos por polgada) e a posibilidade de funcionar sobre case calquera superficie (incluíndo o vidro) á vez que optimizan a súa autonomía (poden aguantar ata 70 días cunha única carga).
Logitech Flow forma parte do software Logitech Options, e non só permite empregar varios equipos co mesmo rato, senón que tamén facilita a transferencia de textos, imaxes e ficheiros entre os distintos equipos sen dificultade, cunha simple acción de copiar e pegar.
Vídeo de presentación de Logitech Flow
