Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os seareiros do motor poderán probar en Karting Marineda o revolucionario simulador iRacing
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os seareiros do motor poderán probar en Karting Marineda o revolucionario simulador iRacing

Redacción
Publicado: 01/06/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

iescuderia_simuladores.jpgO grupo iEscudería, franquía de centros de simulación de automobilismo (con sede en Ferrol), vén de informar de que durante o mes de xuño poranse ao alcance da man da cidadanía da Coruña os seus equipamentos de calidade profesional, tecnoloxías de adestramento equipadas co que, en palabras de iEscudería, é sen dúbida o mellor simulador do mundo da actualidade: iRacing. A dispoñibilidade desta tecnoloxía (que nos permite poñernos na pel, literalmente, dos máis destacados automóbiles de carreira e recreados con todo luxo de detalles) é froito da colaboración entre iEscudería e Karting Marineda (o circuíto interior do complexo comercial Marineda City).
Trátase dun acordo de traballo conxunto que, segundo informan, “non ten precedentes no panorama galego do motor” e que porá ao alcance da man dos seareiros do automobilismo coruñeses a posibilidade de pilotar e competir con iRacing, do que iEscudería é socio oficial no mercado español.
A experiencia co simulador será acaída para todos os públicos, pero especialmente para pilotos adultos e menores de máis de 13 anos. Inclúese a posibilidade de gañar premios competindo con outros seareiros da Coruña, e mesmo participar a carón de pilotos de Ferrol e de iRacing de calquera recanto mundo nalgunha das carreiras televisadas en directo por iEscudería. A experiencia desenvolverase entre o 3 de xuño e o 4 de xullo, incluídos. Porén, o acordo con Karting Marineda deixa a marxe aberta para establecer “unha presenza permanente de iEscudería na Coruña”, sinalan fontes da franquía dende Ferrol.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?