Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo formará aos desempregados novos en vendas en liña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo formará aos desempregados novos en vendas en liña

Redacción
Publicado: 02/06/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_lugo_lugowork.jpgA Deputación de Lugo vén de anunciar a posta en marcha de novas achegas ao abeiro do seu programa LugoWork. Máis polo miúdo, trátase de 3 novos cursos destinados a incrementar a formación e as posibilidades de inserción laboral de 45 mozas e mozos. A inclusión destas tres novas actividades forma parte do plan de emprego xuvenil e participativo posto en marcha pola entidade provincial, cun orzamento de dous millóns de euros captados da Unión Europea a través da EOI. Un dos tres novos cursos diríxese a capacitar aos participantes en materia de vendas en liña e atención ao público. Os outros dous céntranse en mantemento de aeronaves e máis en emprendemento.
Segundo indica a Deputación, quen concorra nestas tres accións formativas terá a posibilidade de ser contratado en empresas da provincia durante medio ano. Con este fin, o Goberno provincial abrirá unha convocatoria pública, dirixida ás empresas lucenses, ofrecéndolles axudas de 4.200 euros para a contratación dos mozos que “conclúan con éxito esta formación”. Despois da consulta ás propias empresas, engade a Deputación, “os traballadores sairán cun perfil formativo que tenta cubrir as necesidades demandadas polos empresarios da provincia”.
Os interesados en participar nestes 3 cursos, deberán estar inscritos no Rexistro de Garantía Xuvenil. Poden facer a súa solicitude ata o 15 de xuño, incluído, en www.deputacionlugo.gal ou en www.eoi.es.
A primeira nova achega é o Curso de auxiliar de vendas online e offline e atención ao público. Nesta acción formativa, que conta con 15 prazas, os alumnos recibirán contidos dirixidos a habilidades sociais e de comunicación, ofimática e técnicas administrativas básicas e coñecementos sobre ventas dixitais e ventas tradicionais.
Outro dos cursos que se achega é sobre mantemento de aeronaves. Nel, familiarizarase aos participantes no mantemento de vehículos aéreos, mediante formación teórico-práctica impartida por profesionais do Aeroclub de Rozas. Participarán un total de 15 alumnos.
Por último, achégase tamén un Curso de Emprendemento, dirixido a 15 persoas que teñan unha idea de negocio e queiran montar unha empresa. Nun plano máis detallado, informa a Deputación, “os participantes terán un titor asignado que os asesorará en aspectos como os modelos de negocio ou as estratexias de vendas, entre outras cuestións”. Esta liña do LugoWork inclúe formación e axudas de 3.000 euros para que os participantes poñan en marcha os seus propios establecementos, favorecendo o emprendemento.
Informar tamén de que na actualidade, a maiores de todo o devandito, xa están en marcha 6 accións formativas, nas que participan outros 91 mozos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?