Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Imatia impulsa un proxecto para crebar con TIC as barreiras dos nosos maiores, Senior TV
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Imatia impulsa un proxecto para crebar con TIC as barreiras dos nosos maiores, Senior TV

Redacción
Publicado: 05/06/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

imatia_traballo_piloto_senior_tv.jpgImatia vén de darnos máis detalles sobre o proxecto Senior TV, unha iniciativa europea para dar forma a unha plataforma tecnolóxica para maiores de 60 anos, incluíndo todo tipo de recursos destinados a afianzar hábitos saudables (cognitivos, comunicativos e mesmo físicos) no día a día das persoas de idade, amais da súa plena inclusión en todo tipo de servizos sociais, de atención ou cidadáns. Segundo conta a empresa galega, incluíronse na fase piloto da plataforma tres servizos informais (Novas, Eventos, Tempo) e dous xogos cognitivos. Estes recursos foron probados por 300 persoas maiores de 60 anos de tres diferentes países: Chipre, Eslovenia e Romanía (100 persoas por cada país).
Segundo engade Imatia, a día de hoxe estanse a desenvolver novos servizos informais que serán incorporados á plataforma de face ao segundo piloto, cuxa realización comeza o vindeiro mes de agosto. Estes novos servizos están orientados á promoción da actividade física e a vida saudable, ademais de dirixirse á mellora da autonomía e da interacción dos anciáns coa súa contorna, botando man de ferramentas como a Wikipedia ou axendas dixitais, entre outras.
Esta segunda versión da plataforma, explicou a equipa de Imatia, disporá igualmente de servizos formais para o control de parámetros médicos (tensión, peso, glicosa en sangue, etc.) e incorporaranse melloras da facilidade de uso atendendo directamente ás opinións dos usuarios recollidas nas fases previas, peticións que teñen que ver cunha meirande claridade nas cores, con fontes de letra máis grandes ou co uso de cursores para navegar no canto dun punteiro.
Como lembraremos, o proxecto Senior TV, no que Imatia participa xunto a outras empresas e organismos europeos, ten como obxectivo “desenvolver unha plataforma adaptada e de acceso doado instalada en televisores, smartphones e tabletas”. Esta plataforma permitirá que as persoas maiores poidan acceder desde as súas propias casas a un conxunto de servizos sociais e de saúde, “o que facilitará o seu propio coidado, mellorará o seu acceso aos servizos de coidado formal e informal e aumentará a súa inserción familiar e comunitaria”, explican fontes da empresa galega.
Segundo engade a firma, trátase do primeiro proxecto no que participa a través dunha convocatoria europea. O seu desenvolvemento, coordinado polo Instituto de Neurociencia e Tecnoloxía de Chipre (CNTI), proseguirá ata novembro de 2018. Están mergulladas no mesmo empresas de ata cinco países, amais de Imatia: Gluk Advice (Holanda), Compexin SA CPX (Romanía), Dom upokojencev Nova Gorica DUNG (Eslovenia), Development Centre of Information and Communication Technologies Savinja RC-IKTS (Eslovenia), Ana Aslan International Foundation (Romanía) e Strovolos Municial Multi-Functional Foundation SMMFF (Chipre).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?