Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Orange, a EOI e o IGAPE impulsarán na nosa terra o emprendemento
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Orange, a EOI e o IGAPE impulsarán na nosa terra o emprendemento

Redacción
Publicado: 05/06/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

dixital_traballo_smartphone_telefono_intelixente.jpgA compañía de telecomunicacións Orange semella querer botar unha man, tamén, a prol da innovación e o emprendemento da nosa terra (e dicimos o de “tamén” por sumarse a contribución de Orange á de Telefónica, materializada a través de Galicia Open Future, e á de Vodafone, a través de Connecting for Good Galicia). Pois ben, a achega de Orange collerá corpo a través dun acordo acabado de asinar coa Consellería de Economía (IGAPE) e a Escola de Organización Industrial (EOI) para dar forma conxunta a un programa formativo de balde en ferramentas dixitais para o desenvolvemento do emprendemento e a xeración de emprego en Galicia. O acordo de colaboración está aberto a todos os concellos galegos que desexen adherirse a este proxecto de capacitación dixital cidadá, que se desenvolverá a través dunha plataforma en liña.
O programa Sé dixital preparará a cidadáns e empresarios locais para a nova economía dixital mediante a aplicación das novas tecnoloxías á súa vida cotiá e ao desenvolvemento e dinamización dos seus negocios. O obxectivo deste acordo é “convidar a todos os concellos galegos para que se adhiran a unha iniciativa cuxos fins son o impulso do desenvolvemento empresarial, a xeración de emprego e a retención do talento local a través das novas tecnoloxías”. E que poderán facer a través disto as corporacións locais que se sumen á proposta? Pois botarlles unha man aos empresarios e emprendedores para mellorar a súa actividade mediante unha completa capacitación TIC.
Segundo sinalan o IGAPE e a EOI acerca dos porqués do programa e desta necesidade de actualizármonos tecnoloxicamente, “a economía dixital está a crear novas oportunidades de negocio, que á súa vez xeran novas necesidades formativas en ferramentas dixitais, innovación e emprendemento”. Cara a isto precisamente encamíñase o programa Sé Dixital, tanto na súa edición galega (xunto co IGAPE) como a nivel estatal.
O IGAPE, a EOI e Orange, amais dos concellos adheridos, levarán a cabo un labor complementario de captación e de fomento da participación nos diferentes obradoiros. Por certo que estes xa teñen aberto neste intre o seu prazo de inscrición na web do programa. O período de formación, que terá unha duración de seis semanas, concluirá o 26 de xullo.
O programa Sé Dixital (a vertente galega de Sé Digital) alíñase coa Axenda Galicia-Industria 4.0. En palabras das entidades impulsoras, vén a reforzar os instrumentos que está a impulsar o Goberno galego “para promover a dixitalización do tecido produtivo”, especialmente a través de programas como o ReAcciona TIC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?