Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo presenta unha estratexia transmedia que enxalza o potencial dos estudantes para cambiar o mundo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo presenta unha estratexia transmedia que enxalza o potencial dos estudantes para cambiar o mundo

Redacción
Publicado: 07/06/2017
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

uvigo_todo_encaixa_campana_transmedia_redegal.jpgCo lema Todo encaixa, en referencia á unión entre a etapa como estudantes (pasado) e a profesional (presente), a Universidade de Vigo vén de presentar a súa nova campaña de imaxe, unha estratexia de natureza transmedia con vontade de impulsar innovación e transferencia. Entre os protagonistas da iniciativa atópanse Alicia Ferreiro, enxeñeira industrial e directora de Loxística de Arnoia Distribución de Libros; Jorge Vázquez, enxeñeiro informático e director da empresa de consultoría de sistemas e software a medida Redegal, e Ismael Calvo e Luz Pérez, licenciados en Publicidade e Relacións Públicas e creativos de Ovo Publicidade.
A campaña, segundo se fixo saber na súa presentación, celebrada onte, céntrase en mostrar tres casos de éxito de antigos estudantes da Universidade. Mozas e mozos que foron quen de “cumprir os seus soños e crear riqueza no país”, en palabras do reitor, Salustiano Mato, que presidiu o acto de estrea da campaña. Esta, sinalou, inclúe unha serie de pezas audiovisuais centradas nos devanditos casos de éxito para seren amosadas ante o mundo a través das redes sociais. O obxectivo fundamental desta nova estratexia de mercadotecnia da Universidade é “potenciar a imaxe de marca” da institución académica galega. Ademais, segundo apuntou o xefe de Gabinete do reitor, Ciprián Rivas, búscase salientar a transferencia de coñecemento que as/os tituladas/os achegan á sociedade, “algo que se pode ver representada en todas as pezas, nas que se amosan situacións da vida real e localizacións características do tres campus”.
A campaña, nun plano máis detallado, abrangue tres spots curtos e tres “pezas reportaxeadas” nas que os protagonistas reconstrúen a súa etapa de estudantes nos campus de Vigo, Ourense e Pontevedra, así como os seus inicios profesionais; tres anuncios de radio e tres pezas gráficas adaptadas a diferentes soportes. Segundo se informou no acto de presentación, as pezas máis breves inclúen códigos QR que convidan a vermos as reportaxes completas. Todo este material difundirase en prensa escrita e dixital, emisoras de radio, redes sociais e autobuses, así como lonas e carteis.
uvigo_campana_transmedia.jpgNa presentación, que tivo lugar nunha sala do Edificio Miralles adobiada puntualmente con caixas de cartón e papel de embalar, que ocultaban os rollups coa nova imaxe, a actriz e xornalista Maika Aguado foi a encargada de conducir un acto, no que o grupo Mecanismo Ruso puxo a música. Pola súa banda, o docente da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Paulino Pérez achegou os detalles do traballo desenvolvido coas e cos protagonistas das pezas audiovisuais, aos que agradeceu a súa disposición para participar nesta iniciativa, ao tempo que lembrou que “aínda que temos xente na ESA ou na NASA, queríamos centrarnos en cousas que temos máis preto e poñelas en valor”.
Alicia Ferreiro, directora de loxística de Arnoia, que non puido estar presente no acto de presentación da campaña, refírese a súa participación nela como “unha experiencia fantástica, non só pola profesionalidade do equipo de produción e realización da Uvigo, senón tamén por saír do día a día e participar nesta campaña. Moi gratificante e enriquecedor”.
Pola súa banda, Jorge Vázquez, director de Redegal, que se atopaba en México no intre da presentación, asegurou que “para una empresa como Redegal, cuxo equipo se nutre nun 90% de titulados da Universidade de Vigo, participar nesta campaña supón un recoñecemento xa non a súa traxectoria, senón a do equipo humano que traballa día a día para ser mellor e sen o que, o crecemento da empresa non sería posible”.
Mentres, Luz Pérez e Ismael Calvo, creativos de Ovo Publicidade, amosaron o seu orgullo de ter colaborado na campaña. “Fardamos de ser desta universidade “, asegurou Calvo, que lembrou a utilidade do aprendido nas aulas á hora de poñer en marcha a súa empresa. Luz Pérez, pola súa banda, asegurou que Publicidade e Relacións Públicas foi para eles unha vocación, ao tempo que expresou a súa satisfacción por poder participar “nunha chulada de campaña”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?