Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O traballo fin de mestrado de Roberto Carracedo Varela, premiado polo CPEIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O traballo fin de mestrado de Roberto Carracedo Varela, premiado polo CPEIG

Redacción
Publicado: 07/06/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

roberto_carracedo_premio_mestrado_cpeig.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) fixo público o gañador do Premio Proxecto Fin de Carreira/Mestrado, dotado con mil euros. O galardón será este ano para Roberto Carracedo Varela, (A Laracha, 1972), estudante da UDC, polo seu traballo LogShock: sistema de monitorización e control da suspensión axustable dun vehículo. O traballo fin de mestrado, segundo informa o CPEIG, consistiu no desenvolvemento dunha tecnoloxía que permite a obtención de información obxectiva sobre o comportamento das suspensións dun vehículo en marcha. Este sistema marca as diferenzas porque permite a configuración das suspensións axustables do vehículo a partir de datos obxectivos e non subxectivos, como vén sendo costume. O desenvolvemento do proxecto e dos prototipos inclúen recursos de hardware e de software libre.
A orixe do traballo realizado por Carracedo está na constatación de que no mercado automobilístico existen numerosos sistemas de suspensión axustable para adaptar a vehículos, xa sexa co fin de permitir un comportamento máis preciso nunha contorna determinada (por exemplo en competicións deportivas) ou simplemente para mellorar sistemas que inicialmente non teñen a calidade desexada. “A dificultade que presentan eses sistemas cara ao usuario final”, advirte o propio Carracedo, “é, que se non se axustan de maneira correcta por persoal experimentado, poden presentar unha elevada complexidade, especialmente canto maior é o conxunto de parámetros que poden ser modificados”. Ao cabo, engade, o profesional ten que basearse na percepción subxectiva do comportamento da suspensión e non en datos obxectivos e precisos medidos desde o dispositivo de amortecemento. O traballo galardoado centrouse precisamente no desenvolvemento dun sistema que permite obter información obxectiva sobre o comportamento das suspensións dun vehículo en marcha.
O Premio Proxecto Fin de Carreira/Mestrado que concede anualmente o CPEIG (e que se entrega, tamén, na Noite da Enxeñaría en Informática) busca achegarse ao colectivo estudantil e defender as vantaxes da colexiación, ademais de estimular o traballo dos estudantes. Os tres finalistas terán dereito a un ano de colexiación de balde e o gañador ou gañadora recibirá, ademais, unha gratificación económica de mil euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?