Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Amosan en Vigo como podemos ampliar mercado no exterior empregando ferramentas TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Amosan en Vigo como podemos ampliar mercado no exterior empregando ferramentas TIC

Redacción
Publicado: 08/06/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

consorcio_zona_franca_xornada_dixital_redes.jpgO Consorcio da Zona Franca de Vigo organizou onte un seminario centrado en mostrar ás PEME como poden lograr vendas internacionais a través de ferramentas dixitais, como por exemplo as plataformas de comercio electrónico e os mercados en liña (os chamados market places). No evento participaron expertos do tecido empresarial TIC galego, por exemplo de Boardfy (amosando como sacarlle punta ás posibilidades do comercio electrónico no ámbito internacional) e de The Fun Plan e Bluscus (fornecendo un percorrido polas súas experiencias de éxito na exportación a través de market places e ferramentas de venda dixital).
Tamén interveu na xornada o profesor Emilio G. Roselló, da Universidade de Vigo, quen falou sobre a importancia da mercadotecnia 4.0 na contorna actual de mercados externos, mentres que Begoña Albizu introduciu as principais ferramentas para facer seguimento das licitacións internacionais que se publican en diversas partes do mundo.
Como complemento ao seminario, o Consorcio puxo a disposición dos asistentes o Mapa de tecnoloxías para a internacionalización, unha guía-roteiro que recolle os principais mecanismos tecnolóxicos que as PEME poden empregar para detectar información relevante para o seu acceso a mercados exteriores e procesala de maneira que sexa útil aos obxectivos estratéxicos definidos antes, durante e despois do seu chimpo ao mercado internacional.
Este evento é o terceiro dun ciclo de catro seminarios divulgativos acerca do potencial das novas tecnoloxías no proceso de internacionalización das PEME que o Consorcio está a promover durante os meses de maio e xuño. Cada evento céntrase nunha do catro grandes fases dun proceso de internacionalización: o primeiro na identificación de mercados (celebrado en maio), o segundo na promoción internacional (en maio), o terceiro sobre vendas internacionais e o cuarto (o 29 de xuño) sobre xestión de operacións internacionais.
En cada seminario, sinala a Consorcio, recoñecidos expertos do tecido empresarial TIC de Galicia presentan de forma práctica as tecnoloxías de apoio existentes para a fase do proceso de internacionalización abordada. “Cada evento”, engade a organización dos mesmos, “conta asemade coa participación de empresas galegas que comparten cos asistentes a súa experiencia no uso destas tecnoloxías durante os seus respectivos procesos de procura de novos mercados”.
O cuarto e último seminario, que abordará a fase de xestión internacional, celebrarase na sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra o vindeiro xoves 29 de xuño. As inscricións ao mesmo están abertas e poden tramitarse a través da web demolabs.czfv.es.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?