Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Expertos convocados polo CPEIG buscan en Santiago roteiros seguros para a información
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Expertos convocados polo CPEIG buscan en Santiago roteiros seguros para a información

Redacción
Publicado: 08/06/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

O Centro ABANCA Obra Social na praza de Cervantes, en Santiago
O Centro ABANCA Obra Social na praza de Cervantes, en Santiago
Hoxe estase a celebrar en Santiago, no Centro ABANCA da praza de Cervantes, un encontro que nos pon de fronte a un problema que medra canto máis medra a nosa presenza nas redes e maila nosa información. Falamos do problema da seguridade e das múltiples ameazas que proliferan arredor dela, case todos eles con orixe económica pero tamén con outros obxectivos (políticos, relixiosos ou mesmo de índole persoal, por exemplo o acoso dixital a unha internauta ou colectivo determinado). Abordar a cuestión dende múltiples frontes e achegar respostas e follas de ruta a seguir, facendo fincapé na cuestión empresarial e nos xeitos de salvagardar un dos bens máis prezados das PEME, os seus datos, é o gran obxectivo da nova edición da Xornada de Ciberseguridade en Galicia, que se celebra baixo o epígrafe Protexendo os nosos activos.
A cita está a ser organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e conta co patrocinio da empresa tecnolóxica Emetel e a colaboración de ABANCA e Symantec. O obxectivo é pór á comunidade galega á vangarda dunha das grandes inquedanzas actuais do empresariado, administracións e particulares: Como facer para que o coñecemento de noso ou da nosa empresa só estea a disposición de quen queiramos que estea?
A xornada comezou ás 10 da mañá cunha benvida institucional na que participarán o presidente do CPEIG, Fernando Suárez; a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira; o director xeral de Emetel, Manuel Lago; e Roberto Baratta, responsable de Seguridade de ABANCA.
A partir das 10.15 horas, sucederanse varios relatorios sobre administracións públicas, a cargo de Xavier Gatius, do Centro de Seguridade da Información de Cataluña (CESICAT); Rafael Pedrera Macías, do Centro Nacional de Protección de Infraestruturas Críticas (CNPIC), e Adrián Lence Paz, pola AMTEGA.
Despois dunha pausa, a xornada retomará a actividade contra o mediodía para ofrecer varios relatorios sobre a empresa, dos que se ocuparán Ramsés Gallego, de Symantec, e un conferenciante por determinar en representación de Microsoft. Ás 13 horas celebrarase unha mesa redonda baixo o epígrafe de As empresas galegas no novo contexto tecnolóxico” a cargo de Roberto Baratta; Andrés Tarascó, de Tarlogic; Iago Fortes, de Inprosec; Susana Rey, de R; e Rafael Ave, de Emetel. O peche da xornada será ás 14.00 horas a cargo de Roberto Baratta e Fernando Suárez.
Datos do INCIBE
Segundo informa o CPEIG, o alicerce deste encontro está nos desafíos claros que pon de manifesto o medre da Sociedade do Coñecemento. Un medre que leva implícito o crecemento de ameazas. O CPEIG sinala a este respecto, reflectindo datos do Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE, que as incidencias en seguridade nas redes informáticas a raíz do ciberataque de alcance mundial de mediados do mes de maio afectaron a máis de 360.000 equipos e deixaron pegada en 180 países diferentes. Segundo explica o CPEIG, “nos últimos tempos, os atacantes informáticos profesionalizáronse e os expertos alertan de que a súa motivación xa non é técnica nin intelectual, senón económica e política; trátase dun risco global que pode ter moi graves consecuencias para a economía ou a seguridade da cidadanía”. En opinión do CPEIG, a resposta a ese risco global vai alén da tecnoloxía e require “dun enfoque multidisciplinar”, ademais “dunha estreita colaboración de gobernos e empresas que cómpre reforzar”. Cara a isto precisamente se dirixe a xornada do CPEIG.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?