Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pontevedra amosa no foro GreenCities o importante papel despregado polas TIC na súa transformación urbana
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pontevedra amosa no foro GreenCities o importante papel despregado polas TIC na súa transformación urbana

Redacción
Publicado: 08/06/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

pontevedra_debate_malaga_greenn_cities.jpgPontevedra amosou o seu modelo de cidade smart, sustentable e segura no Foro de Intelixencia e Sustentabilidade Urbana, o evento Greencities que se celebrou esta semana (ata hoxe) en Málaga. A estratexia pontevedresa a prol das novas tecnoloxías para acadar unha cidade mellor xestionada foi presentada polo propio alcalde, Miguel Fernández Lores, quen compartiu mesa de debate cos rexedores de Cáceres (Elena Nevado), L´Hospitalet de Llobregat (Nuria Marín), Málaga (Francisco de la Torre), Jaén (Javier Márquez) e Vila-Real (José Benlloch). Segundo fixo saber Fernández Lores, “as cidades intelixentes son as que fan que as persoas que viven nelas sexan felices”. Asemade, engadiu que as novas tecnoloxías da información son unha ferramenta que acompañan ás decisións políticas, “as que guían o modelo a seguir”.
Na mesa redonda desenvolvida este mércores, o rexedor pontevedrés amosou o papel despregado polas ferramentas dixitais na transformación urbana de Pontevedra, hoxe en en día unha cidade máis limpa, accesible e amigable. Lores coincidiu co seu homólogo de Jaén, Javier Márquez, en que as TIC “teñen que estar ao servizo das persoas”. Por certo que o alcalde da cidade andaluza recoñeceu no debate estar moi ao tanto do modelo da cidade do Lérez, que, por certo, estalle a servir de referencia á súa equipa de Goberno para o proceso de humanización de Jaén, arestora en marcha.
A alcaldesa de Cáceres, pola súa banda, sinalou que a cidade estremeña é a primeira do ámbito estatal en ter controlado telematicamente o 100% dos seus espazos verdes. No debate, a maiores, a alcaldesa de L ́Hospitalet de Llobregat reivindicou o concepto “smart social city” e o rexedor de Málaga, pola súa parte, salientou proxectos locais nos que as TIC controlan servizos públicos como por exemplo o abastecemento de auga. O alcalde de Vila Real, por último, mostrou a súa confianza na innovación e na tecnoloxía para definir marcas propias que fagan máis doado o desenvolvemento económico, cultural e social da súa cidade, que duplicou a poboación nas últimas décadas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?