Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Teimas reduce coa súa tecnoloxía smart o impacto ambiental de Telefónica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Teimas reduce coa súa tecnoloxía smart o impacto ambiental de Telefónica

Redacción
Publicado: 08/06/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

A equipa de Teimas durante unha visita do director do IGAPE, Juan Cividanes, á súas instalacións
A equipa de Teimas durante unha visita do director do IGAPE, Juan Cividanes, á súas instalacións
A empresa compostelá Teimas, responsable de cousas como a posta en marcha de Tropa Verde (un servizo smart que recompensa o compromiso da cidadanía co medio ambiente e coa xestión sostible de refugallos, arestora activo en Santiago, Lugo, Ames, Redondela e Porriño), está a achegar recursos sustentables de utilidade á operadora española Telefónica. Concretamente, fornécelle solucións para o seu proceso de dixitalización da xestión de refugallos en Europa e Latinoamérica, un proceso que deu xa resultados importantes (unha redución do 12% no volume de toneladas xeradas en 2016).
Isto está a ser posible grazas a unha ferramenta chamada GReTel (Gestión de Residuos de Telefónica), desenvolvida por Teimas. A firma galega, como lembraremos, é a día de hoxe a única firma estatal especializada no desenvolvemento de tecnoloxías para o sector da xestión de residuos. En 2015 o CPEIG recoñeceu o seu pulo innovador na Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, outorgándolle o Premio Iniciativa Emprendedora.
Segundo informa Teimas, a área de Sustentabilidade de Telefónica busca con GReTel diminuír aínda máis o seu impacto ambiental mediante plans de redución de xeración de residuos, reciclaxe e reemprego de, principalmente, aparellos eléctricos e electrónicos. O obxectivo da operadora é dar un paso máis na súa estratexia verde, en liña coas propostas (sobre todo coas da Unión Europea) que esixen a empresas e gobernos apostar de cheo por un modelo de economía circular, e non, como ata o de agora, por producir só para enviar ao lixo. GReTel, máis en detalle, axúdalle á compañía a superar os devanditos retos.
A nova plataforma púxose en marcha en España e Colombia, e este ano iniciarase nos outros 15 países nos que Telefónica ten presenza. “Grazas á nosa plataforma”, explican dende Teimas, “a operadora disporá dun rexistro de todos os refugallos xerados nos seus centros de traballo, con independencia do país no que estean e a actividade que desenvolvan, que lle permitirá xerar información útil como medicións, ratios de reutilización, valorización e reciclado de residuos, etc”.
GReTel, máis polo miúdo, consiste no desenvolvemento e posta en marcha dunha plataforma web de xestión de material tecnolóxico desbotado, cuxo obxectivo principal é o de aumentar o valor dos residuos xestionados mediante a dixitalización do proceso, así como a redución dos riscos asociados. En termos de beneficios económicos, a actividade xerada arredor da ferramenta galega tradúcese no aumento dos ingresos pola venda de refugallos, a diminución da marxe de incumprimento legal en materia de residuos (“que cada vez é máis esixente nos países onde opera Telefónica”, lembra Teimas), a mellora da eficiencia dos procesos de xestión de material desbotado e diminución da contaminación ambiental.
O que se reciclou, en números concretos
Das máis de 23.500 toneladas de residuos xeradas por Telefónica en 2016, o 66% (máis de 15.500 toneladas) foron cables derivados do proceso de transformación da rede, dos que se reciclaron o 98%. Polo que atinxe aos aparatos eléctricos e electrónicos (RAEE), Telefónica xestionou o ano pasado 5.247 toneladas de material, xerado tanto pola propia compañía como polos seus clientes. Do total, un 27% foron reutilizados e un 69% reciclados para extraer e reaproveitar os seus compoñentes. Só un 4%, materiais imposibles de recuperar, destináronse a vertedoiro ou incineración.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?