Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Emetel fornece a AMTEGA de tecnoloxía avanzada de seguridade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Emetel fornece a AMTEGA de tecnoloxía avanzada de seguridade

Redacción
Publicado: 09/06/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

be_sec_emetel.jpgA firma galega Emetel Sistemas, especializada en servizos avanzados de comunicación e seguridade, vén de contarnos que está a achegar tecnoloxía de seu para o novo paso de AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) en materia de protección de datos e de comunicacións. Máis polo miúdo, a axencia que dirixe Mar Pereira confiou na tecnoloxía da marca BE:SEC de Emetel para a súa Oficina de Seguridade da Información. Esta aposta de AMTEGA por BE:SEC materializouse definitivamente o pasado 22 de maio, cando a plataforma tecnolóxica relativa a infraestruturas e aplicacións corporativas da Xunta, xestionada por AMTEGA, comezou a operar coa dita tecnoloxía. Emetel, a través desta marca, faise cargo da oficina de seguridade durante dous anos, “prorrogables por un ou dous máis”, explican fontes da firma galega, engadindo que a folla de ruta inclúe establecer arquitecturas e programas de seguridade adaptados a AMTEGA en todo o ecosistema da Administración autonómica.
Ademais, apunta a empresa, “fixaranse cadros de mando que permitirán facer seguimento e vixilancia do servizo e do estado da seguridade da información”. O obxectivo destes servizos é “o de minimizar os riscos e asegurar o cumprimento da normativa, tanto neste ámbito como en materia de protección de datos persoais”.
Emetel, dada “a importancia da adxudicación deste novo proxecto”, agradeceu a confianza depositada na súa marca BE:SEC pola Xunta de Galicia, unha aposta que, nas súas palabras, “significa un paso máis a prol da seguridade e, tamén, a prol de situarnos á fronte das comunidades autónomas que vén o aspecto da protección tecnolóxica coma un habilitador crítico con vistas a impulsar a nova Administración e a transformación dixital da sociedade”.
Para quen non o saiba BE.SEC é a resposta a un reto concreto: o de achegar a seguridade que as entidades, as empresas e os usuarios requiren unha vez que se cumpra a previsión de que todas as empresas sexan tecnolóxicas, “sexa cal sexa o seu eido de actividade”. Ante esta necesidade e “consciente do desafío”, Emetel deu forma a BE:SEC, Centro de Operacións de Ciberseguridade (SOC) operativo todo o ano, que xunta persoas, estratexias, procesos e ferramentas altamente preparadas para “facer que a seguridade sexa un claro facilitador do proceso de dixitalización adaptado a cada organización”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?