Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant e Campus Terra presentan en Europa o seu proxecto común de innovación para o agro galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant e Campus Terra presentan en Europa o seu proxecto común de innovación para o agro galego

Redacción
Publicado: 09/06/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Alfonso Ribas, Luis Pérez Freire e Ismael Martínez na presentación da iniciativa galega en Irlanda
Alfonso Ribas, Luis Pérez Freire e Ismael Martínez na presentación da iniciativa galega en Irlanda
O Polo de Innovación Dixital para o agro galego impulsado por Gradiant e a USC, do que xa temos falado en Código Cero con motivo dos seus desafíos e obxectivos (achegar recursos e solucións que favorezan a futura sustentabilidade e rendibilidade do noso eido agroalimentario), vense de presentar en Europa perante centros de investigación, persoeiros públicos e investidores dunha manchea de países. Na cita participaron representantes do Centro Tecnolóxico Gradiant, emprazado en Vigo, da Universidade de Santiago e da Xunta. A presentación levouse a cabo no marco do seminario Polos de innovación dixital: principais correntes na dixitalización da agricultura, organizado polo Partenariado Europeo para a Innovación da Produtividade Agrícola e a Sustentabilidade (EIP-AGRI, polas súas siglas en inglés). Segundo fixeron saber os seus impulsores, o Polo de Innovación Dixital para o Sector Agroalimentario constitúe unha proposta nova e pioneira que integra produtores agrícolas con vontade de transformación, por unha banda, e provedores tecnolóxicos e centros de coñecemento e innovación, pola outra.
O comisario europeo de Agricultura, Phil Hogan
O comisario europeo de Agricultura, Phil Hogan
Luis Pérez Freire, director xeral de Gradiant, e Alfonso Ribas, en representación do Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL), dependente da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia; acompañados de Ismael Martínez da Cooperativa CLUN, presentaron as actividades realizadas ata o de agora no marco do Polo de Innovación Dixital, así coma os vindeiros pasos que se darán para, nas súas palabras, “impulsar a dixitalización do sector”. En palabras de Pérez Freire, “o feito de que desde a Comisión Europea invitasen á iniciativa galega como exemplo de boas prácticas no tocante á colaboración público-privada supón un recoñecemento ao bo traballo que se vén realizando”, e unha “proxección internacional” de Galicia como pioneira no eido da innovación aplicada ao rural.
eip-agriseminar_kilkenny1-2xunho.jpgO evento, que se celebrou na cidade irlandesa de Kilkenny o 1 e 2 de xuño, reuniu aos responsables de políticas públicas, representantes de centros tecnolóxicos e de investigación, representantes do sector agroalimentario e investidores dos 24 estados membro da Unión Europea; e tivo ademais coma principal obxectivo compartir experiencias, boas prácticas, barreiras e prioridades á hora de establecer hubs dixitais de innovación para o sector agroalimentario en Europa.
Luis Pérez Freire amosando os resultados do polo de innovación dixital perante os investigadores europeos
Luis Pérez Freire amosando os resultados do polo de innovación dixital perante os investigadores europeos
Louvanzas ao proxecto galego
Segundo fixeron saber os seus impulsores (Gradiant, USC e Xunta) o Polo de Innovación Dixital para o sector agroalimentario de Galicia recibiu unha chea de eloxios por parte do persoal da Comisión Europea, responsables de políticas públicas dos Estados Membro e de centros de investigación europeos. Ademais, a presenza de Galicia como relatora convidada nesta sesión da EIP-AGRI “representa o recoñecemento internacional á estratexia de innovación no sector agrario impulsada desde o Goberno galego”, indicou Alfonso Ribas, que fixo fincapé na boa acollida da proposta da nosa terra e no seu carácter de referente. A proposta, de feito, recibiu unha mención expresa por parte do comisario europeo para Agricultura e Desenvolvemento Rural, Phil Hogan, quen no seu discurso de clausura felicitou a Galicia e a Toscana (Italia) polos traballos desenvolvidos neste ámbito da innovación aplicada ao rural.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?