Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os nosos centros de investigación xuntan forzas na procura dos mellores modelos de xestión
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
I+D+i

Os nosos centros de investigación xuntan forzas na procura dos mellores modelos de xestión

Redacción
Publicado: 09/06/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Exterior do CITIC no Campus da Coruña
Exterior do CITIC no Campus da Coruña
O 15 e 16 de xuño o paraninfo do Reitorado da Universidade da Coruña (UDC) vai acoller as Xornadas sobre organización e xestión de Centros de Investigación de Universidades e Institucións Públicas, organizadas pola UDC, a Secretaría Xeral de Universidades da Xunta de Galicia e o CITIC (Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións) da UDC. O evento, que conta coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Universidade de Vigo (UVigo), diríxese a avaliar diferentes metodoloxías, fórmulas e sistemas para dirixir as rendas dun espazo innovador destas características. Participan persoal directivo e responsables dos centros de investigación e das unidades de xestión de I+D e de valoración e transferencia das universidades.
Segundo nos conta o CITIC, as xornadas acubillarán debates arredor das tendencias actuais e os retos da xestión de espazos de I+D coa “finalidade de obter recomendacións para a organización destes centros dende os planos xurídico e de xestión de recursos, así como de promoción e comercialización dos resultados da Investigación e o Desenvolvemento”.
jornadacentrosinvestigacion_citic.jpgEstas xornadas, que contarán con tres mesas temáticas de debate, teñen como obxectivo “reforzar o papel dos centros de investigación como entes áxiles e eficaces que relacionan a universidade e os sectores produtivos”. As temáticas a tratar nas mesas de debate son as seguintes: primeiro, modelos actuais de organización e xestión de centros de investigación no ámbito universitario; segundo, implicacións da forma xurídica na organización e nos modelos de xestión dos centros de investigación; e terceiro, gobernación da I+D+i e da valorización dos resultados dos centros de investigación.
Contarase coa participación dos nosos cinco centros singulares de investigación (CiQUS e CiMUS da USC, CINBIO e ECIMAT da UVigo, e CITIC da UDC) e das dúas agrupacións estratéxicas consolidadas (CiTIUS da USC e AtlantTIC da UVigo) do Sistema Universitario Galego. Asemade, estará representada a agrupación estratéxica CICA da UDC. Igualmente, contarase coa presenza do CSIC, de centros de investigación estatais, como o centro de excelencia Severo Ochoa, e internacionais, como o INESC-TEC de Portugal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

I+D+i

Lorenzana analiza cos principais centros tecnolóxicos galegos as liñas de traballo en innovación

19/10/2026
I+D+i

Máis de 200.000 euros para a internacionalización da I+D+i dos centros tecnolóxicos galegos

07/09/2026
I+D+i

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital

17/08/2026
santiago_cesga.jpg
I+D+i

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 millóns de euros

04/08/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?