Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: ABANCA, recoñecida pola súa comunicación dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

ABANCA, recoñecida pola súa comunicación dixital

Redacción
Publicado: 12/06/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20170612-abanca-premio-emo-1-hd-28fb3e47.jpgABANCA vén de obter un importante recoñecemento ao seu labor de comunicación cos clientes, máis polo miúdo polas súas estratexias de fidelización e dixitalización. Falamos do premio EMOtional Friendly Bank, que distingue a entidade financeira galega como a banca estatal que máis mellorou no último ano en materia de confianza dos seus clientes. O recoñecemento, outorgado pola consultora EMO Insights International, está motivado polos resultados obtidos polo banco no 5º Estudo de emocións de clientes particulares no sector bancario español, elaborado por esta empresa. Segundo esta enquisa, ABANCA tamén se sitúa nos primeiros postos do sector en consolidación da banca móbil.
O director xeral de Negocio España, Luis Beraza de Diego, foi o encargado de recoller o premio de mans da conselleira delegada de EMO Insights, Elena Alfaro, nun acto celebrado na sede institucional de ABANCA en Madrid.
O estudo de EMO Insights, baseado en máis de tres mil enquisas online a clientes de 17 entidades, mostrou unha evolución positiva da banca galega no índice EMO, que é a métrica que resume o apego emocional dun cliente cara a unha marca en base a emocións positivas (abraio, ledicia, confianza e agradecemento) e negativas (decepción, irritación, frustración e inseguridade). ABANCA obtivo nesta investigación un índice EMO do 32,1%, cunha mellora do 18,3% con respecto a 2016, a máis alta do sector.
A maiores, como dixemos, a entidade galega foi quen de emprazarse nos primeiros postos do sector en afianzamento da banca móbil. En teremos concretos, aparece como un dos bancos que ostenta un meirande emprego da app móbil como canle de contacto dos clientes, superando á media do sector.
Asemade, a gran distancia do segundo competidor, foi a entidade que “máis medrou en proceso de dixitalización no último ano”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?