Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As empresas amosan os seus éxitos coa mercadotecnia dixital no auditorio ABANCA de Santiago
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As empresas amosan os seus éxitos coa mercadotecnia dixital no auditorio ABANCA de Santiago

Redacción
Publicado: 12/06/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

mercadotecnia_marketing_dixital.jpgO Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela acollerá o vindeiro venres 22 de xuño un evento destinado a amosar as novas tendencias en mercadotecnia, e por suposto, a permitirnos albiscar as que están por vir. En base a isto no evento Hoy es marketing falarase, e moito, de novas tecnoloxías da información. Non só porque a mercadotecnia de hoxe vai estreitamente ligada ás TIC, senón porque boa parte dos relatores proceden deste sector (por exemplo Jorge Huguet, director de Marketing de Playstation, ou Alfredo Ramos, director xeral da firma galega R Cable).
O evento forma parte dunha xira estatal organizada por ESIC e IESIDE. Trátase da primeira vez que a xira, que vai pola súa 14 edición, fai recalada na nosa terra. Segundo ABANCA, será “unha oportunidade única para coñecer como as empresas entenden a mellor mercadotecnia”, amosando estratexias de éxito e novas tendencias e retos.
Desenvolverase baixo o seguinte lema: A empresa na encrucillada: marcas, consumidores, equipos, RSE, algoritmos, propostas excluíntes ou valores compartidos?
Contará coa participación de Jorge Huguet, director de Marketing de Playstation; César Rojo, director de Marketing de KTM Sportmotorcycle España; Alfonso García, director de vendas para España de SAP Hybris; Alfredo Ramos, director xeral de R Cable; José Luis Ferrero, responsable de mercadotecnia dixital de Philips Lighting España e Portugal; Macarena Estévez, directora executiva de CONENTO; Manuel Balsera, senior vice president de AMC Networks; Juan José González, director executivo de Helping e Alberto Sáez, xefe de comunicación dixital de REPSOL.
Todos eles compartirán cos asistentes os segredos das súas marcas, analizarán o presente e futuro das súas compañías e mostrarán a través das súas experiencias as claves máis innovadoras para entender os novos paradigmas da promoción nas canles tecnolóxicas e os xeitos de captar e manter clientes nun contexto global.
A asistencia é libre e gratuíta ata completar a capacidade, previa inscrición en HEM Santiago.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?