Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Narón recibiu 122.500 euros para o seu proxecto de eAdministración
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Narón recibiu 122.500 euros para o seu proxecto de eAdministración

Redacción
Publicado: 12/06/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

teclado_computador_usuario.jpgO Concello de Narón vén de acadar 122.512 euros dos Fondos FEDER para co-financiar a súa iniciativa de Administración Electrónica. Falamos do proxecto Automatización do procedemento administrativo e achegamento da administración local ao cidadán, deseñado polo departamento de Novas Tecnoloxías. A edil responsable da área no Concello, Natalia Hermida, sinalou a semana pasada que o orzamento inicial ascendía a 252.853 euros, validándose a través do Goberno central un total de 174.823 euros como cantidade subvencionable. En base a isto, ao Concello só lle resta facerse co 5% restante, que se espera acadar o ano vindeiro.
O proxecto, explicou a concelleira, inclúe os seguintes apartados: deseño de procedementos, ferramentas de eAdministración (portal web corporativo de servizo de información e atención cidadá con rexistro telemático, plataforma de sinatura electrónica…), software de xestión de expedientes e adquisición de material (escáners, lectores do DNI dixital, licencias, compoñentes, servidores).
Tamén se dá cabida a un convenio coa Fábrica Nacional de Moeda e Timbre para o fornecemento dos servizos técnicos, administrativos e de seguridade necesarios para a validez e eficacia da emisión e recepción de comunicacións e documentos producidos a través de técnicas e medios EIT.
A devandita achega europea súmase aos 80.000 euros concedidos ao Concello no ano 2008 polo Goberno central, unha cantidade que chegou ás arcas locais no momento en que o Consistorio iniciou o seu Plan de Modernización para a eAdministración.
Natalia Hermida felicitou ao persoal funcionario “polo traballo realizado na xestión das subvencións e a prol do desenvolvemento propio da Administración Electrónica no que estamos inmersos traballando día a día, incorporando novas funcionalidades”. A edil tamén lembrou que anos 2015, 2016 e 2017 incorporáronse once novos módulos dixitais no Concello, o que supón un investimento total duns 44.000 euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?