Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Fundación TIC e o SERGAS difundirán hábitos saudables nas redes sociais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Fundación TIC e o SERGAS difundirán hábitos saudables nas redes sociais

Redacción
Publicado: 13/06/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

deputacion_lugo_fundacion_tic_habitos_saudabeis.jpgA Fundación TIC da Deputación de Lugo e a Xerencia Integrada de Lugo, Cervo e Monforte do SERGAS veñen de unir forzas para impulsar hábitos saudables entre a poboación da provincia. E farano, segundo fixeron saber, a través da promoción na Internet e nas redes sociais de pezas audiovisuais informativas acerca das cousas que podemos facer para mellorar a nosa calidade de vida. Estas pezas serán elaboradas por alumnado e bolseiros da Fundación TIC baixo a supervisión de profesionais. Poderemos velas na web da Fundación, no seu Facebook e na súa canle de YouTube, entre outros espazos en liña.
A iniciativa conxunta foi dada a coñecer polo patrón da entidade dependente da Deputación de Lugo, Álvaro Santos, e o xerente da Xerencia Integrada, Ramón Ares. O convenio asinado abrangue tamén traballos informativos sobre o funcionamento dos servizos dos centros sanitarios así coma dos actos de conmemoración do Día Internacional de Enfermería.
Santos sinalou que “con este acordo queremos difundir o importante labor social dos profesionais sanitarios na promoción de condutas e hábitos saudables entre os lucenses, fundamentais para previr enfermidades e ter unha boa calidade de vida”. Ademais, o patrón da TIC afirmou que “esta é unha oportunidade máis para que os alumnos e titulados en prácticas da nosa Escola de Imaxe e Son leven á práctica os seus coñecementos en realización e produción nun escenario real”.
Segundo lembra o organismo provincial, con este acordo supéranse os 170 convenios de colaboración que a TIC ten asinados con organizacións sen ánimo de lucro da provincia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?