Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Depo en Marcha introducirá nas TIC aos maiores de Pontevedra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Depo en Marcha introducirá nas TIC aos maiores de Pontevedra

Redacción
Publicado: 13/06/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

depoenmarcha_1800x500.jpgO programa Depo en marcha, a iniciativa da Deputación de Pontevedra para favorecer o envellecemento activo, incluirá actividades tecnolóxico-dixitais para os nosos maiores. Así o vén de informar Carmela Silva, a presidenta da entidade provincial, lembrando (nun plano máis xenérico) que os obradoiros serán desenvolvidos nos concellos (39) pola UTE formada polas empresas Forox Innovación e Marexada, e que o programa abrangue un centenar de actividades con 8 temáticas diferentes pensadas para a terceira idade, unha das canles será unha temática TIC.
A presidenta salientou a importancia que teñen iniciativas como esta, destinadas a “favorecer o envellecemento activo e que queren contribuír á optimización das oportunidades de saúde, participación e seguridade da terceira idade”, así como a establecer relacións sociais e favorecer a implicación en actividades que melloren o estado anímico das persoas maiores. Tamén informou de que xa solicitaron participar este ano no programa un total de 270 entidades de maiores, persoas xubiladas e pensionistas de toda a provincia. Delas, 216 cumprían todos os requisitos e polo tanto son as adxudicatarias dos 100 obradoiros que se van a realizar. O prezo da matrícula será de 6 euros por actividade.
Os 8 obradoiros que se impartirán nesta ocasión serán En Rede (Internet, correo electrónico e manexo do móbil, informática de iniciación e informática avanzada), Traballando coas Mans (arte con flores, cestería, elaboración de xabóns, iniciación ao encaixe de palillos, restauración de mobles e tapicería e traballos coas mans), Entre Fogóns (cociña galega, conservas artesanais, licores caseiros, panadería e repostería e tapiñas e petiscos), Aprendendo da Natureza (plantas medicinais; Móvete: pilates, ioga, ximnasia de mantemento e zumba), Activando Corpo e Mente (conservando a memoria, musicoterapia, risoterapia e control e manexo da ansiedade e o estrés), Enredando (xogos tradicionais e teatro), e Dálle Marcha (bailes de salón, pandeireta e canto popular).
As actividades terán lugar en 39 concellos da provincia: Agolada, Arbo, Barro, Baiona, Bueu, Caldas de Reis, Cangas, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Cuntis, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Lalín, Marín, Meaño, Moaña, Moraña, Mondariz, Mos, Nigrán, Pazos, Poio, Ponteareas, Pontevedra, Redondela, Ribadumia, O Rosal, Salceda de Caselas, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tui, Valga, Vigo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?