Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Educación fornecerá de kits de robótica a 120 centros de Primaria
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Educación fornecerá de kits de robótica a 120 centros de Primaria

Redacción
Publicado: 13/06/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

robotica_rapaces_escolares.jpgO tempo presente é un tempo no que medra o interese de empresas e entidades por facerse con profesionais con coñecementos de novas tecnoloxías e robótica. No tempo de mañá todo indica que esta demanda intensificarase. En base a isto e tentando asegurar os mellores currículos para os nosos profesionais do día de mañá, a Consellería de Cultura e Educación vén de anunciar que dotará de kits de robótica a 120 centros docentes públicos durante o curso vindeiro, co obxecto de que o alumnado poida iniciarse na experiencia da programación básica, a intelixencia artificial e a construción tecnolóxica. A intención do departamento da Xunta é dar pasos firmes para introducir a robótica en Primaria.
O material estará conformado por seis robots de uso educativo adecuados ás idades do alumnado; seis kits de construción, “que permitirán a realización dun mínimo de cinco proxectos diferentes”; así como un manual de uso e guía didáctica. Podemos ver a resolución da convocatoria na web da Consellería, onde se fai saber que cada centro poderá integrar a robótica de diversas maneiras: “Mediante unha materia de libre configuración de centro, dentro das materias de forma transversal, a través de programas de innovación educativa da Consellería ou mediante obradoiros que se desenvolvan fóra do horario lectivo”. O fornecemento de kits está dirixido a alumnado que curse 4º, 5º ou 6º de Primaria durante o vindeiro curso. Nas bases engádese que “amais de adquirir nocións básicas sobre robótica e programación”, os estudantes tamén traballará as áreas denominadas STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas). O prazo de presentación de solicitudes e documentación finalizará o 29 de setembro de 2017.
Este programa enmárcase na futura Estratexia galega para a educación dixital 2020, que ten como prioridade “incrementar as vocacións científicas e tecnolóxicas entre os escolares galegos, ao tempo de dotalos dos recursos e ferramentas necesarias para o uso seguro da tecnoloxía”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?