Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: María José Talavera recibirá o Premio Ada Byron do CPEIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

María José Talavera recibirá o Premio Ada Byron do CPEIG

Redacción
Publicado: 13/06/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mjtalavera.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vén de dar a coñecer o nome da profesional que este ano vai ser distinguida co seu Premio Ada Byron, un galardón co que a entidade profesional quere facer visible o traballo da muller no ámbito informático. Segundo informou o CPEIG, o premio irá dar este ano a mans de María José Talavera, directora xeral de VMware Iberia. O Premio Ada Byron, que homenaxea no seu nome á investigadora considerada como a primeira programadora (buscando reivindicar a súa figura e visualizar, por extensión, a longa listaxe de mulleres innovadoras e científicas eclipsadas polos homes ao longo da historia), será entregado no marco da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, este venres 16 en Santiago.
María José Talavera é na actualidade a directora xeral de VMware Iberia. Desde as oficinas de VMware en Madrid, encárgase de reforzar o liderado da compañía no mercado da mobilidade e dos servizos na nube, así coma o desenvolvemento de negocio de VMware en España e Portugal.
Licenciada en Informática pola Universidade Politécnica de Madrid, comezou a súa andaina profesional no sector TI en Lambda Internacional, unha multinacional americana de consultaría de TI. Posteriormente, María José Talavera incorporouse á división Data Management de IBM, primeiro na área de servizos e despois na área de Software. Máis tarde, converteuse na responsable de vendas de Software para o Sector Financeiro en IBM e despois na responsable de Vendas Globais para BBVA en IBM, onde se familiarizou coas negociacións en contornas internacionais.
No ano 2010, María José uniuse a Compuware, onde ocupou o cargo de directora xeral para España primeiro, e, a continuación, tamén para Portugal, ata que se incorporou a VMware en marzo de 2012.
Ao longo de máis de 25 anos de experiencia laboral, a premiada co Ada Byron traballa con paixón por contribuír ao desenvolvemento competitivo das empresas a través da tecnoloxía e coa consideración da importancia do factor humano para conseguilo, “froito da crenza de que a diversidade nos equipos reflicte mellor a realidade da vida e contribúe de forma significativa á innovación”, segundo sinala a propia galardoada.
Quen foi Ada Byron
Ada Byron foi unha escritora e matemática británica (1815-1852) que describiu a máquina analítica de Charles Babbage e está considerada como a primeira programadora. Deduciu e preveu a capacidade dos ordenadores para ir máis alá dos simples cálculos numéricos. O CPEIG elixiu o nome desta brillante muller para nomear un dos premios que entrega anualmente.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?