Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Central Virtual PBX de Neotel permítenos seguir atendendo aos nosos clientes mesmo en vacacións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Central Virtual PBX de Neotel permítenos seguir atendendo aos nosos clientes mesmo en vacacións

Redacción
Publicado: 14/06/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

neotel_central_mobil.jpgChega o tempo por excelencia para as vacacións e moitos de nós, dende as PEME, preguntámonos como seguir achegando atención total aos nosos clientes ou como facer para non perder posibles clientes potenciais. Hai tecnoloxía para isto? Hai hoxe en día recursos que nos permitan gozar do noso período de descanso sen ter que preocuparnos por perder oportunidades laborais? Segundo nos conta a empresa Neotel, a resposta ás devanditas preguntas é afirmativa e vén da man dun tipo de servizo concreto: as centraliñas virtuais. Para comezar, permítennos estar sempre conectados esteamos onde esteamos. Un exemplo disto é a Central Virtual PBX de Neotel.
Segundo informa a devandita empresa, a PBX evita que perdamos conexións cos nosos clientes, é totalmente configurable e deixa marxe para que fixemos nós mesmos as características principais en base ás necesidades que teñamos.
Entre as cousas que inclúe atópase un contestador virtual. Trátase dunha caixa de correos de voz que opera enviándonos mensaxes en formato de e-mail. Segundo explica Neotel, “aínda que os nosos clientes non vaian ser atendidos por unha persoa humana, terán a oportunidade de deixar unha mensaxe na caixa de correos e nós recibiremos de maneira automática a mensaxe a través dun correo electrónico”.
A central tamén incorpora servizo de desvío de chamadas, configurable tamén segundo os requirimentos que estimemos oportunos. Poderemos facer cousas como axustar un horario para os desvíos das chamadas, especificando os días e horas para as cales desexamos que estea operativo. Segundo Neotel, o devandito é moi recomendado para empresas que desexen dar un servizo de atención telefónica fóra do horario habitual establecido.
Outra das grandes vantaxes desta e doutras centrais virtuais reside no aforro que representan para as PEME. En primeiro lugar, porque non é preciso investir en hardware. Segundo engade Neotel, “a central permítenos controlar todos os servizos a través un sinxelo panel de control e intégrase de xeito doado con teléfonos móbiles”. Amais do desvío de chamadas e do contestador, tamén fornece de cola de chamadas e multiconferencia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?