Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Fundación TIC celebra con material audiovisual os 50 anos da asociación Lucus
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Fundación TIC celebra con material audiovisual os 50 anos da asociación Lucus

Redacción
Publicado: 15/06/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

fundacion_tic_concello_lugo_amas_de_casa.jpgA Fundación TIC da Deputación de Lugo vén de rematar un vídeo para celebrar o medio século de andaina da Asociación de Amas de Casa e Consumidores Lucus. As encargadas de dar a coñecer a peza, que se vai promover nas páxinas web da Fundación e máis nas redes sociais nas que ten presenza, foron a deputada de Cultura, Pilar García Porto, e máis a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez. O audiovisual recolle testemuñas das asociadas, documentación gráfica e imaxes do arquivo da TIC para repasar os logros acadados no medio século de historia da entidade lucense.
O vídeo foi proxectado esta quinta feira, xoves, no salón rexio do Círculo das Artes, durante unha gala á que asistiron preto de 200 persoas. Segundo fixeron saber García e Méndez, no traballo desenvolvido pola Fundación TIC fica reflectida “a defensa dos dereitos da muller” e o “apoio á súa integración no mundo laboral”, a través dos obradoiros e actividades formativas que organiza o colectivo dende as súas orixes. No material feito pola entidade tamén se plasman outras accións concretas levadas a cabo pola asociación, como a loita a prol dun plan de pensións para as amas de casa ou a posta en marcha da oficial local de consumidores.
fundacion_tic_rodaxe.jpg Aberta a preinscrición para 40 prazas de Realización e Produción
A Escola de Imaxe e Son de Lugo da Fundación TIC tamén informou de que ten aberto o prazo de preinscrición de matrícula (de balde) para o curso 2017-2018 ata o vindeiro 23 de xuño. A EIS, segundo nos conta a Deputación de Lugo (de quen depende a Fundación TIC) ofrece 40 prazas de primeiro nos ciclos superiores de Realización e Produción de Audiovisuais e Espectáculos. Entre os requirimentos para acceder están o ter acadado as titulacións de bacharelato, técnico medio ou superior ou universitaria. A listaxe de admitidos, espera e excluídos publicarase o 26 de xuño, no taboleiro de anuncios da EIS e na web da TIC, fundaciontic.org.
A entidade tamén informa de que haberá catro días para posibles reclamacións, do 27 ao 30 de xuño, antes da publicación definitiva o 3 de xullo. O prazo de matrícula ordinaria ficará aberto do 4 ao 20 de xullo. O impreso requirido e o resto de documentación pode descargarse na web da Fundación, para formalizar a tramitación na EIS, en horario de mañá, de 9.00 e 14.00 horas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?