O Centro Demostrador TIC (CDTIC) organiza, o día 22 de xuño, unha sesión de formación que leva por título WhatsApp como ferramenta de comunicación profesional e que se desenvolverá nas súas instalacións de Santiago de Compostela en horario de 10:00 a 13:00 horas.
Nesta actividade presentaranse os ámbitos e as condicións de uso da coñecida aplicación de mensaxería instantánea WhatsApp, así como as opcións que ofrece para a comunicación profesional. Funcións, recomendacións e boas prácticas, ferramentas que proporciona ou limitacións desta aplicación móbil para a un uso profesional ou, mesmo, comercial son algúns dos aspectos que se abordarán ao logo da xornada, ademais de presentarse exemplos de casos reais de utilización.
Esta sesión está destinada principalmente a persoas emprendedoras e profesionais que utilicen ou pensen en incorporar WhatsApp como ferramenta de comunicación no seu negocio. O encargado de impartir a xornada será Chistian Delgado, especialista en posicionamento e analítica web e profesor asociado da Escola de Negocios AFundación.
Para participar nesta actividade cómpre inscribirse na web do CDTIC ou a través da aplicación móbil do CDTIC dispoñible para plataformas Android e iOS. A asistencia é de balde e aínda é posible anotarse para asistir, xa que aínda quedan prazas dispoñibles.
O CDTIC acolle unha xornada sobre o WhatsApp como ferramenta de comunicación profesional
Compartir Este Artigo

