Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Noite da Enxeñaría en Informática celebra os 10 anos do CPEIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

A Noite da Enxeñaría en Informática celebra os 10 anos do CPEIG

Redacción
Publicado: 16/06/2017
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

19275320_1349105331870180_1172495491077363184_n.jpg“Compartimos unha gran profesión. Unha profesión que está cambiando o noso mundo a unha velocidade sen precedentes “, comentou o presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez, no seu discurso na entrega dos galardóns do ente colexial. Preto de 400 persoas asistiron á novena edición da “Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia” no Hotel-Monumento San Francisco, en Santiago de Compostela.
“Moitas veces din de nós, os enxeñeiros en informática, que somos asociais. Eu creo que temos a profesión máis social e capacitada para entenderse con todas as demais que existen. E é que o ingrediente máis importante da fórmula do éxito é saber levarse ben cos demais”, comentou o presidente do CPEIG, colexio que no presente ano fai 10 anos de vida.
O evento TIC reuniu a colexiados, patrocinadores, empresarios, os reitores da USC e UDC, Juan Viaño e Julio Abalde, respectivamente, o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, a directora da Amtega, Mar Pereira, decanos e directores das facultades e escolas de Enxeñaría en Informática, o presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Miguel Ángel Ríos, e secretarios xerais do Goberno da Xunta, entre outros.
A informática, ferramenta democratizadora
No seu discurso, o representante dos enxeñeiros informáticos referiuse á informática como “tal vez, a ferramenta máis democratizadora creada polo ser humano e que é fundamental aproveitala para construír unha sociedade da información centrada na persoa, inclusiva e onde todos poidan crear, acceder, utilizar e compartir a información e o coñecemento”.

Contidos
  • PREMIADOS
  • PREMIOS DEZ ANOS CONECTAD@S

PREMIADOS

19274968_1349105335203513_128431067441078655_n.jpgA gala, presentada por Xosé Touriñán, contou coa actuación do Mago Tamariz, e constou dun cóctel de benvida e a entrega dos seguintes galardóns:
PREMIO PROXECTO FIN DE CARREIRA/MÁSTER: Roberto Carracedo Varela polo proxecto LogShock: sistema de monitorización e control da suspensión axustable dun vehículo”.
PREMIO INICIATIVA EMPRENDEDORA: ex aequo para as empresas galegas de dimensión internacional Linknovate Science e Situm Technologies
PREMIO INICIATIVA DA ADMINISTRACIÓN: Deputación Provincial de Ourense pola iniciativa “Ourense Provincia Intelixente”.
PREMIO INICIATIVA EMPRESARIAL: a entidade financeira ABANCA.
PREMIO TRAXECTORIA PROFESIONAL: Andrés Xavier García-Rodeja Fraga, director do Centro de Excelencia en Intelixencia de Negocio de DXC Technology en Galicia.
PREMIO e-INCLUSIÓN: A Cruz Vermella polo seu sistema de teleasistencia.
PREMIO ADA BYRON: María José Talavera, directora xeral de VMware Iberia.
COLEXIADA DE HONRA: Mar España Martí, directora da Agencia Española de Protección de Datos. Por problemas de axenda, Mar España non se puido desprazar a Santiago de Compostela e un colaborador dela recibiu o galardón no seu nome.

PREMIOS DEZ ANOS CONECTAD@S

Nesta edición, entregáronse tamén os galardóns 10 anos Conectad@s, en recoñecemento a persoas que nesta década de vida apoiaron ao CPEIG en distintas iniciativas e desde diferentes vertentes.
– Mar Pereira: A directora da Axencia Galega para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). En recoñecemento ao apoio continuo ao sector TIC e ao CPEIG nas súas múltiples iniciativas
– Susana López Abella: A secretaria xeral de Igualdade loita contra a fenda dixital de xénero mediante a organización de cursos de alfabetización dixital en colaboración co CPEIG.
– Víctor Salgado Seguín: Avogado especializado en Dereito Informático desde 1997. Socio do despacho Pintos&Salgado. Colabora como relator en distintas xornadas organizadas polo CPEIG.
– María José Rodríguez Malmierca: Responsable da Área de E-learning e Colaboración do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga). Coordinadora do proxecto ICT- Go-Girls! Con este galardón o CPEIG premia o traballo de promoción das TIC para o futuro profesional e académico das máis pequenas.
– Sonia Rodríguez- Campos: A directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), polo impulso á formación TIC para todos os estratos da función pública.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha xornada centrada na robótica social e as emerxencias

27/11/2026
Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?