Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Coruña Dixital integrará un laboratorio de innovación audiovisual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

Coruña Dixital integrará un laboratorio de innovación audiovisual

Redacción
Publicado: 16/06/2017
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

coruna_dixital_aquarium_img_2396.jpgO concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, participou esta mañá na presentación da nova programación de Coruña Dixital, unha iniciativa municipal posta en marcha o pasado ano e que ten como finalidade dar visibilidade e dinamizar as comunidades dixitais que existen na Coruña e facilitar a participación activa da veciñanza en novas prácticas culturais e creativas. «O programa naceu como unha necesidade real na nosa cidade, como é a posibilidade de abrir un camiño no que se poden entrelazar numerosos colectivos vinculados ás novas tecnoloxías e á creatividade, que coinciden en liñas de investigación, e que non sempre se atopan. Coruña Dixital é esa ferramenta que pode non só visibilizar e poñer en valor o seu traballo, senón favorecer esa necesaria colaboración entre as e os axentes locais e de Galicia que desenvolven a súa actividade no eido cultural e tecnolóxico», explicou o edil, quen destacou, como principal novidade desta edición, a posta en marcha do Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación Audiovisual, o LAIC, que busca crear un espazo de encontro, colaboración e aprendizaxe para persoas e colectivos interesados na cultura audiovisual contemporánea, os novos medios e a transformación dixital.

coruna_dixital_aquarium_19143839_1303086129803964_7737862375161310105_o.jpg«A Coruña é unha cidade pioneira no cinema e nas artes da imaxe. Por iso, este Goberno quere potenciar o talento que hai no municipio para convertelo nun polo estratéxico de innovación, creatividade e boas prácticas, que xeren novas oportunidades profesionais e modelos de traballo sustentable nun sector en pleno cambio de paradigma marcado pola dixitalización e democratización dos medios», aseverou Sande no acto de presentación, que tivo lugar esa mañá no Aquarium Finisterrae e que contou coa asistencia de diversos axentes e colectivos que traballar arredor das prácticas de cultura dixital, así como de Sergio Lago, coordinador do programa, e de María Yáñez, responsable do LAIC. «O Laboratorio nace con vocación de potenciar e dar a coñecer as novas linguaxes audiovisuais e favorecer a creación entre a veciñanza, así como de tecer alianzas con centros de ensino, a Universidade, empresas de produción audiovisual e comunicación dixital, institucións e colectivos profesionais e outras entidades cidadás que compartan obxectivos similares», salientou Yáñez.

coruna_dixital_aquarium_19143782_1303086239803953_1046632717642323754_o.jpgAs actividades que ten previsto desenvolver o LAIC abordarán as novas linguaxes audiovisuais, desde as micro-narrativas populares ata o documental interactivo ou a realidade virtual. Tamén se prestará atención aos novos modelos de distribución e produción: desde como se profesionalizan os contidos en YouTube ata as posibilidades do cinema crowd e das comunidades online como impulsoras de proxectos audiovisuais. Neste sentido, abriranse espazos para o debate e a proposta de boas prácticas, «que xeren non só retorno económico para as creadoras e os creadores, senón tamén retorno cultural e de ben común para a cidadanía», expuxo a responsable da iniciativa.

A programación do LAIC, que se presentará de xeito completo á volta do verán, apostará por tender pontes entre a creación audiovisual e os videoxogos, a literatura e as narracións transmedia, e tamén entre os profesionais do audiovisual e outras industrias que cada vez máis están a incorporar o vídeo para as súas accións de promoción e venda. Así mesmo, faranse obradoiros con distintos colectivos cidadáns para buscar novas maneiras de documentar e narrar a memoria viva da Coruña usando os medios dixitais.

Encontro Coruña Dixital

coruna_dixital_aquarium_img_2404.jpgNo outono, tal e como avanzou Sergio Lago, tamén terá lugar o II Encontro Coruña Dixital, que este ano buscará achegarse aos espazos socioculturais de proximidade da cidade a través dunha xornada de charlas inspiradoras e obradoiros que permitan achegar metodoloxías e estratexias sobre o uso das novas tecnoloxías e dos contidos dixitais nestes contextos. «Nas actividades do ano pasado de Coruña Dixital comprobamos a asistencia e participación de numerosas persoas do ámbito bibliotecario, docente e sociocultural, que empregaban novas prácticas culturais para acadar diversos obxectivos nos seus lugares de traballo, polo que nos pareceu moi interesante, de cara a este segundo encontro, trasladar e abrir á cidadanía as metodoloxías que se empregan no ámbito dixital e que, efectivamente, pode poñerse en práctica noutro tipo de espazos», explicou.

O coordinador do programa tamén sinalou que nesta edición Coruña Dixital seguirá colaborando con distintas comunidades, como o movemento maker da cidade, representado no colectivo Bricolabs (que se reúne na Sala Maker da Domus), ou o Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) formado na Universidade da Coruña, para promover iniciativas de código e datos abertos, co obxectivo de potenciar as aplicacións sociais e culturais destas prácticas e ferramentas e abrilas ao resto da cidadanía.

Na web de Coruña Dixital, pódese facer seguimento de todas estas iniciativas que xa están a traballar na cidade, así como contactar, subscribirse ao boletín de noticias ou seguir a actualidade do programa través dos seus perfís en Facebook e en Twitter.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha xornada centrada na robótica social e as emerxencias

27/11/2026
Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?