Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Escolares de Monfero, Marín, Salcedo e Vigo gañan o concurso Aprendo Programando
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Escolares de Monfero, Marín, Salcedo e Vigo gañan o concurso Aprendo Programando

Redacción
Publicado: 19/06/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

foto_premiados_aprendoprogramando.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática Técnica de Galicia (CPETIG) fixo entrega este sábado dos premios da segunda convocatoria do concurso escolar Aprendo Programando, organizado pola entidade que preside Marcos Mata e patrocinado por El Corte Inglés e Alvarellos Editora. O acto estivo presidido por Marcos Mata, presidente do CPETIG; Maximino Tuñas, responsable de Sistemas de Información El Corte Inglés Santiago; e Henrique Alvarellos, director de Alvarellos Editora. Concorreron case 40 equipos de Primaria e ESO. O obxectivo foi achegar a programación aos escolares. Os gañadores foron equipos do CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero (A Coruña) e do IES Mestre Landín de Marín (Pontevedra), nas categorías de Primaria e de ESO respectivamente. Os segundos premios en cada modalidade foron para equipos do CEIP San Martiño de Salcedo (Pontevedra) e do IES Carlos Casares de Vigo.
No certame, cuxa final resolveuse este sábado nas dependencias de El Corte Inglés en Santiago, concorreron unha chea de proxectos programados con Scratch, centrados na temática Convivir en igualdade, proposta polo CPETIG na convocatoria deste ano.
Na categoría de Primaria, o primeiro premio foi para o proxecto Farm Adventure do equipo do CPI Plurilingüe Virxe da Cela, realizado baixo a supervisión da profesora María del Camino Pereiro; e o segundo para As inventoras do equipo do CEIP San Martiño, baixo a supervisión de Ángeles Martín.
Na categoría de Secundaria, o primeiro premio foi para o proxecto Convivir no Mestre Landín do equipo do IES Mestre Landín, desenvolvido baixo a supervisión de Héber Jaime García; e o segundo para IgualDado do equipo do IES Carlos Casares, supervisado por Almudena Rouco.
Os premios consisten nun cheque agasallo de El Corte Inglés e unha tableta de dez polgadas para cada equipo gañador nas categorías de Primaria e de ESO; e un lote de libros de Alvarellos Editora e unha tableta de 8 polgadas para os segundos clasificados en cada unha das dúas categorías.
Aprendo Programando ten como obxectivo achegar a programación e integrar xa nos primeiros niveis do sistema educativo a crecente utilización das novas tecnoloxías, como unha oportunidade para o alumnado de adquirir habilidades mentais, ligadas ao pensamento computacional, mediante a aprendizaxe da programación. As dúas edicións celebradas confirman que a iniciativa é un estímulo tanto para o profesorado coma para o alumnado, que consigue a través deste concurso retos de superación a nivel persoal e colectivo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?